DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 160 Mércores, 21 de agosto de 2024 Páx. 47574

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático

ANUNCIO do 6 de agosto de 2024, da Dirección Xeral de Patrimonio Natural, sobre o acordo de emprazamento no procedemento ordinario 0004206/2024 do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Sección Segunda, do recurso contencioso-administrativo contra a Resolución da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático que desestima o recurso de alzada número RA/DXPN/CMATV/2024/00028 contra outra da Dirección Xeral de Patrimonio Natural do 5 de marzo de 2024 que lle outorga á empresa Naviera Illa de Ons autorización para o desembarco de visitantes no arquipélago das illas Cíes durante os períodos do 22 ao 31 de marzo de 2024 (Semana Santa) e do 15 de maio ao 15 de setembro de 2024.

En cumprimento da Resolución do 6 de agosto de 2024, da Dirección Xeral de Patrimonio Natural da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático, emprázanse cantos aparezan como interesados no procedemento de Resolución da Dirección Xeral de Patrimonio Natural, do 5 de marzo de 2024, polo que outorga á empresa Illa de Ons, S.L., a autorización extraordinaria de carácter provisional nominal para o desembarco de visitantes no arquipélago das Illas Cíes (Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia) no período de transporte regular marítimo de pasaxeiros no ano 2024, outorgada á empresa Naviera Illa de Ons, S.L., mediante a Resolución da Dirección Xeral de Patrimonio Natural, do 5 de marzo de 2024, para que poidan presentarse ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Sección Segunda, no prazo de nove días, no procedemento ordinario 4206/2024, no cal a dita empresa recorre contra a resolución administrativa deste expediente.

O que se fai público para xeral coñecemento.

Santiago de Compostela, 6 de agosto de 2024

María Sol Díaz Mouteira
Directora xeral de Patrimonio Natural