DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 160 Mércores, 21 de agosto de 2024 Páx. 47587

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 29 de xullo de 2024, da Dirección Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación eléctrica no concello de Meaño (expediente IN407A 2024/221-4).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, e a urxente ocupación que leva implícita da instalación eléctrica que se describe:

– Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

– Domicilio social: avenida América, núm. 38, 28028 Madrid.

– Denominación: regulamentación da LMTA VLG803 no apoio 9S1P4LQN//9S1P4LQM e LMTS VLG803.

– Situación: Meaño.

– Descricións técnicas:

Desmontaxe de dous apoios e de 57 metros de condutor LA-56 da liña de media tensión aérea (LMTA) e instalación dunha liña de media tensión subterránea (LMTS) a 20 kV de 316 metros de condutor RHZ1, desde o apoio con matrícula 9S1P4LQN//9S1P4LQM da LMT VLG803 Santa Mariña-Sisán 3, en que se instalan un paso aerosubterráneo e un reconectador telecontrolado, ata o centro de transformación Coirón (36CD34).

A instalación está situada en Coirón, na parroquia de Dena, no concello de Meaño (Pontevedra).

A relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos que se van expropiar figura no anexo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións neste departamento territorial, avenida María Victoria Moreno, núm. 43, 36071 Pontevedra, no prazo máximo de trinta días, a partir da última publicación ou notificación individual.

O proxecto encóntrase á disposición do público durante o prazo de trinta días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, para a súa consulta no portal da Consellería de Economía e Industria (https://economia.xunta.gal/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/instalacions-electricas-distribucion-e-transporte).

Durante o dito período calquera persoa poderá achegar, por escrito, os datos oportunos para rectificar posibles erros na relación de persoas, bens e dereitos afectados, así como formular as posibles alegacións por razón do disposto no artigo 145 do Real decreto 1955/2000 anteriormente citado.

Pontevedra, 29 de xullo de 2024

Beatriz López del Olmo
Directora territorial de Pontevedra

ANEXO

Nº de expediente: IN407A 2024/221-4.

Denominación: regulamentación da LMTA VLG803 no apoio 9S1P4LQN//9S1P4LQM e LMTS VLG803.

Concello: Meaño.

Lugar

Cultivo

Referencia catastral

Titular

Afeccións

ml sub.

m2 sub.

1

Coirón – Dena 80

Urbana

6214409NH1061S0001IU

Celso Canario e fillos

3,00

9,00