De conformidade co disposto na Lei orgánica 2/2023, do 22 de marzo (BOE do 23 de marzo), del Sistema universitario (en diante, LOSU), no Real decreto 678/2023, do 18 de xullo, polo que se regula a acreditación estatal para o acceso aos corpos docentes universitarios e o réxime dos concursos de acceso a prazas aos ditos corpos (en diante, RDAC), no Real decreto 1558/1986, do 28 de xuño (BOE do 31 de xullo), polo que se establecen as bases xerais do réxime de concertos entre as universidades e as institucións sanitarias e no concerto asinado entre a Universidade da Coruña e o Servizo Galego de Saúde (Sergas), para a utilización das institucións sanitarias na investigación e docencias universitarias (DOG do 31 de decembro de 2001), e a teor do establecido nos estatutos da Universidade da Coruña, aprobados polo Decreto 101/2004, do 13 de maio (DOG do 26 de maio), e modificados polo Decreto 194/2007, do 11 de outubro (DOG do 17 de outubro), da Xunta de Galicia (en diante, EUDC).
Esta reitoría, en execución da oferta de emprego público (OEP) de persoal docente e investigador para o ano 2023, aprobada pola Resolución do 3 de maio de 2023 (DOG do 11 de maio), que inclúe unha praza do corpo de profesor titular de universidade vinculada con institucións sanitarias tal e como determinan os artigos 12 e 36.un da Lei 9/2023, do 28 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2024 (DOG núm. 246, do 29 de decembro), conforme os acordos do Consello de Goberno da Universidade adoptados na sesión do 18 de xullo de 2024 e da Comisión Mixta Universidade da Coruña (UDC)-Sergas, na sesión do 5 de xullo de 2024, resolve convocar concurso de acceso á praza dos corpos de funcionarios docentes universitarios vinculadas con institucións sanitarias que se detalla no anexo I, con suxeición ás seguintes
Bases da convocatoria
Primeiro. Normas xerais
1.1. Este concurso rexerase pola LOSU, o RDAC, a Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, os EUDC, a normativa reguladora dos concursos de acceso aos corpos docentes universitarios aprobada polo Consello de Goberno o 10 de decembro de 2008, e naquilo que non estivese previsto pola lexislación xeral da función pública do Estado.
1.2. O réxime xurídico desta praza será o establecido no Real decreto 1558/1986 (modificado polo Real decreto 644/1988, do 3 de xuño, polo Real decreto 1652/1991, do 11 de outubro, polo Real decreto 774/2002, do 26 de xullo, polo Real decreto 420/2015, do 29 de maio, e polo Real decreto 822/2021, do 28 de setembro, e o concerto asinado entre a Universidade da Coruña e o Servizo Galego de Saúde (Sergas), para a utilización das institucións sanitarias na investigación e docencia universitarias o día 20 de decembro de 2001 (DOG do 31 de decembro).
1.3. A praza do corpo de funcionario docente universitario convocada queda vinculada coa institución sanitaria e a categoría asistencial básica nos termos que se especifican no anexo.
1.4. Os concursos de acceso terán procedementos independentes para cada unha das prazas convocadas.
1.5. O cómputo dos prazos establecidos nesta convocatoria axustarase ao disposto no artigo 3 da normativa desta universidade pola cal se regulan os concursos de acceso a corpos de funcionarios/as docentes universitarios.
Para o cómputo dos prazos o mes de agosto será inhábil para todos os efectos.
Segundo. Requisitos das persoas candidatas
2.1. Requisitos xerais.
Para ser admitido/a á realización destas probas selectivas, os/as aspirantes deberán reunir os requisitos exixidos nesta base na data en que finalice o prazo de presentación de solicitudes e mantelos ata a toma de posesión:
a) Ter nacionalidade española ou ser nacional dun estado membro da Unión Europea, ou nacional daqueles Estados aos cales, en virtude de tratados internacionais establecidos pola Unión Europea e ratificados por España, sexa de aplicación a libre circulación de traballadores/as.
Tamén poderá participar o/a cónxuxe dos/das españois e dos nacionais doutros Estados membros da Unión Europea sempre que non estivesen separados de dereito, e os seus e súas descendentes sempre que sexan menores de vinte e un anos ou maiores da devandita idade dependentes. Este último beneficio será igualmente de aplicación a familiares de nacionais doutros Estados cando así estea previsto nos tratados internacionais establecidos pola Unión Europea e ratificados por España.
b) Posuír a capacidade funcional para o desempeño das tarefas correspondentes a profesor de universidade.
c) Ter feitos os dezaseis anos e non exceder, de ser o caso, a idade máxima de xubilación forzosa.
d) Non ter sido separado, mediante expediente disciplinario, do servizo de ningunha Administración pública ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das comunidades autónomas, nin encontrarse en situación de suspensión firme de funcións ou inhabilitación absoluta ou especial para empregos ou cargos públicos por resolución xudicial, para o acceso a corpos ou escalas de funcionarios no prazo de presentación de solicitudes.
No caso de ser nacional doutro Estado, non encontrarse inhabiltado ou en situación equivalente, nin ter sido sometido a sanción disciplinaria ou equivalente que impida, no seu Estado, nos mesmos termos, o acceso á función pública.
e) Non padecer enfermidade nin estar afectado por limitación física ou psíquica que sexa incompatible co desempeño das funcións correspondentes á praza.
2.2. Requisitos específicos.
a) Ser doutor/a e estar acreditado ou acreditada para o corpo docente de que se trate.
b) Poderán presentarse aos concursos de acceso a prazas de profesor titular de universidade e de catedrático de universidade os funcionarios dos corpos de profesores titulares de universidade e de catedráticos de universidade, respectivamente.
No poderán participar os que obtivesen unha praza tras un concurso de acceso aos corpos docentes universitarios noutra universidade e non a desempeñasen, polo menos, durante dous anos.
2.3. Ao ser praza de corpos docentes universitarios vinculada con praza asistencial de institucións sanitarias, os/as concursantes deberán estar en posesión do título oficial de especialista que corresponda á praza.
2.4. Presentación dos requisitos.
Os requisitos establecidos nas presentes bases deberán cumprirse no momento de finalizar o prazo de presentación de solicitudes e manterse ata o momento da toma de posesión.
Terceira. Solicitudes
3.1. As solicitudes para participar no concurso axustaranse ao modelo que figura como anexo III a esta convocatoria e serán dirixidas ao reitor da Universidade da Coruña no prazo de quince días, que comezarán a contar a partir do día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Boletín Oficial del Estado (BOE). Cando o último día do prazo sexa inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte, segundo o artigo 30.5 da Lei 39/2015.
3.2. As solicitudes serán presentadas no Rexistro Xeral (Reitoría, rúa da Mestranza, 9, A Coruña) ou nos rexistros auxiliares da Universidade da Coruña (Campus de Elviña e de Ferrol), ou por calquera dos procedementos establecidos no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE do 2 de outubro). As solicitudes que se presentaren por medio das oficinas de Correos deberán ir en sobre aberto para que o persoal de Correos poida estampar nelas o selo de datas antes da súa certificación. As solicitudes que se fagan no estranxeiro poderán cursarse por medio das representacións diplomáticas e consulares españolas correspondentes.
Os dereitos de exame serán de 44,17 euros e ingresaranse na conta corrente ES76 0049 5030 15 2516011262, concursos-oposicións, no Banco Santander Central Hispano da Coruña. O pagamento realizarase directamente nas oficinas da devandita entidade ou mediante transferencia bancaria en que deberá constar obrigatoriamente o nome e apelidos da persoa interesada e a referencia da praza a que concursa. En ningún caso a mera presentación da solicitude e o pagamento na entidade bancaria suporá a substitución do trámite de presentación en tempo e forma da solicitude ante o órgano expresado na base 3.1.
3.3. Coa instancia achegaranse necesariamente os seguintes documentos, e será causa de exclusión a falta dalgún deles:
a) Fotocopia do documento nacional de identidade. As persoas aspirantes que non posúan a nacionalidade española e teñan dereito a participaren deberán presentar unha fotocopia do documento que acredite a súa nacionalidade e, de ser o caso, os documentos que acrediten o vínculo de parentesco e o feito de vivir a expensas ou estar a cargo do nacional doutro Estado con que teñan o dito vínculo. Así mesmo, deberán presentar declaración xurada ou promesa de non estar separados/as de dereito do/da seu/súa cónxuxe e, se é o caso, do feito de que o aspirante vive ás súas expensas ou está ao seu cargo.
b) Copia compulsada dos documentos que acrediten o cumprimento dos requisitos que se sinalan na base 2.2.
c) Xustificante orixinal do pagamento dos dereitos de exame.
Estarán exentas do pagamento da taxa por dereitos de exame as persoas que teñan recoñecida unha discapacidade igual ou superior ao 33 %. Tamén estarán exentas do pagamento as persoas que sexan membros de familia numerosas clasificadas na categoría especial. Así mesmo, gozarán dunha bonificación do 50 % da taxa os membros de familias numerosas de categoría xeral. Estas circunstancias deberán ser acreditadas documentalmente xunto coa solicitude, presentando copia orixinal ou compulsada da cualificación da discapacidade ou do documento acreditativo de familia numerosa segundo corresponda.
Así mesmo, terán unha bonificación do 50 % da taxa as persoas que figuren como demandantes de emprego desde, polo menos, seis meses anteriores á data de publicación da presente convocatoria, e non estean a percibir prestación ou subsidio por desemprego, aspectos que deberán ser certificados pola oficina dos servizos públicos de emprego.
3.4. As persoas aspirantes quedan vinculadas aos datos que fagan constar nas súas solicitudes e unicamente poderán solicitar a súa modificación mediante escrito motivado, dentro do prazo establecido na base 3.1 para a presentación de solicitudes. Unha vez transcorrido este prazo, non se admitirá ningunha petición desta natureza, agás causa excepcional sobrevida, xustificada e discrecionalmente apreciada pola universidade.
Cuarta. Admisión dos/das aspirantes
4.1. Rematado o prazo de presentación de solicitudes, a vicerreitora de Profesorado da Universidade da Coruña ditará unha resolución en que aprobe a relación provisional de aspirantes admitidos/as e excluídos/as, con indicación das causas de exclusión, que será publicada no taboleiro electrónico oficial da Universidade da Coruña (https://sede.udc.gal/services/electronic_board) e a título divulgativo na dirección da internet: (https://www.udc.es/gl/pdi/concursos/concursos_funcionarios/index.html).
4.2. Contra a devandita resolución as persoas interesadas poderán presentar reclamación ante o reitor, no prazo de dez días hábiles, contados desde o día seguinte ao da súa publicación, ou ben emendar, no mesmo prazo, o motivo da exclusión. Resoltas as ditas reclamacións, no prazo máximo de 15 días, publicarase unha nova resolución para aprobar a relación definitiva de aspirantes admitidos/as e excluídos/as, con indicación das causas de exclusión, na forma anteriormente establecida.
4.3. De acordo co previsto no artigo 45.1.b) da Lei 39/2015, do 1 de outubro, estas publicacións producirán os mesmos efectos que a notificación persoal ás persoas interesadas.
Quinta. Comisión de Acceso
5.1. De acordo co que establece o artigo 81 dos EUDC, a composición da Comisión é a que figura no anexo II desta convocatoria e terá a categoría primeira das recollidas no artigo 30 do Real decreto 462/2002, do 24 de maio, sobre indemnizacións por razón do servizo. Salvo petición noutro sentido e autorizada, terá a súa sede e actuará no centro a que se adscriba a praza convocada.
Conforme o establecido no artigo 34.3 do Real decreto 678/2023, os currículos dos membros das comisións de acceso serán públicos e poderán ser consultados no Servizo de Persoal Docente e Investigador.
5.2. O nomeamento como membro dunha comisión é irrenunciable, salvo cando concorra causa xustificada, debidamente alegada pola persoa interesada e así apreciada polo reitor.
De calquera forma, os membros das comisións en que se dea algunha das causas sinaladas no artigo 23 da Lei 40/2015 ou presenten conflitos de interese segundo o establecido no artigo 32.4 do Real decreto 678/2023 deberán absterse de intervir e comunicaranllo ao reitor para a designación do/da suplente.
5.3. A Comisión deberá constituírse no prazo máximo de tres meses desde o día seguinte á data de publicación no BOE da correspondente convocatoria. Transcorrido o dito prazo sen que se constituise, o reitor realizará a substitución do/da presidente/a titular.
Previamente, o/a presidente/a da Comisión de Selección solicitará a todos os membros, tanto titulares como suplentes, a declaración de non incorrer en motivos de abstención ou posibles conflitos de interese.
5.4. Dentro do dito prazo, o/a presidente/a, logo de consultar cos restantes membros, ditará unha resolución que se lles notificará a todas as persoas interesadas cunha antelación mínima de quince días naturais respecto da data do acto para o que se lles cita e convocaranse:
a) Todos os membros titulares da Comisión e, de ser o caso, os suplentes, para efectuar acto de constitución e fixar a continuación e facer públicos os criterios específicos de selección. Na citación indicaranse o día, a hora e o lugar para o acto de constitución.
b) Todos/as os/as aspirantes admitidos/as a participar no concurso, co fin de realizar o acto de presentación de concursantes, con indicación do día, o lugar e a hora para a realizar o dito acto; para estes efectos, o prazo entre a data prevista para o acto de constitución da Comisión e a data sinalada para o acto de presentación non poderá exceder os dous días hábiles.
5.5. A constitución da Comisión exixirá a asistencia da totalidade dos seus membros. Os membros titulares que non concorresen a este acto cesarán e serán substituídos polos seus respectivos suplentes. Unha vez constituída a Comisión, no caso de ausencia do/da seu/súa presidente/a será substituído/a polo/a vogal de maior categoría e antigüidade. A/o secretario/a será substituído/a, de ser o caso, polo/a vogal de menor categoría e antigüidade.
5.6. Para que a Comisión poida actuar validamente, requirirase a asistencia de, polo menos, tres dos seus membros, entre os cales figurarán obrigatoriamente o/a presidente/a e o/a secretario/a. Os membros da Comisión que estivesen ausentes da proba cesarán en tal condición, sen prexuízo das responsabilidades en que puidesen incorrer.
Se unha vez comezada a primeira proba a Comisión quedase con menos de tres membros, nomearase unha nova comisión polo procedemento establecido no artigo 9 da normativa que regula os concursos, e non poderán formar parte dela os membros da primeira que cesasen nesta condición.
5.7. No acto de constitución a Comisión establecerá e fará públicos, antes do acto de presentación, os criterios de valoración do concurso.
5.8. Durante o desenvolvemento do concurso, a Comisión resolverá as dúbidas que puidesen xurdir na aplicación destas normas, así como o que proceda nos casos non previstos nelas. En todo momento, a súa actuación axustarase ao disposto na Lei 39/2015, do 1 de outubro.
Sexta. Acto de presentación
6.1. O acto de presentación será público e, no transcurso deste, as persoas candidatas entregarán ao/á presidente/a da Comisión de Acceso, por quintuplicado, a seguinte documentación:
a) Curriculum vitae, no cal se detallarán ou seu historial académico, docente, investigador, de xestión e, de ser o caso, sanitario-asistencial, xunto cun exemplar das publicacións e dos documentos acreditativos dos seus méritos. O curriculum vitae deberá axustarse ao modelo que se achega como anexo IV.
b) Proxecto docente e investigador que a persoa candidata se propón desenvolver de serlle adxudicada a praza a que concursa; o devandito proxecto axustarase, de fixarse na convocatoria, ás especificacións establecidas.
6.2. No acto de presentación, os/as concursantes recibirán cantas instrucións sobre a realización das probas deban serlles comunicadas; así mesmo, determinarase, mediante sorteo, a orde de actuación dos/das concursantes e fixarase o lugar, a data e a hora de inicio das probas.
6.3. O/a secretario/a da Comisión de Acceso garantirá que a documentación que entreguen os concursantes poida ser consultada antes do inicio das probas polos candidatos.
Sétimo. Realización das probas
7.1. Os concursos de acceso constarán das probas e axustaranse ao procedemento que establece o artigo 12 da normativa aprobada polo Acordo do Consello de Goberno do 10 de decembro de 2008, pola que se regulan os concursos de acceso a corpos de funcionarios/as docentes universitarios na Universidade da Coruña.
7.2. As probas serán públicas e cada unha delas será eliminatoria.
7.3. Finalizada cada proba, cada membro da Comisión entregaralle ao/á presidente/a un informe razoado, axustado aos criterios previamente fixados, de cada unha das persoas concursantes, con expresión explícita de voto favorable ou desfavorable.
7.4. Para superar a proba é necesario obter, cando menos, tres votos favorables dos membros da Comisión de Acceso.
7.5. A proposta de provisión de prazas realizarase con base nos votos favorables recibidos dos membros da Comisión. No caso de empate, recorrerase á votación, sen que sexa posible a abstención. De persistir o empate, dirimirá o voto do/da presidente/a.
Oitava. Proposta
8.1. Nun prazo máximo de cinco días desde o seguinte á finalización das probas, publicarase no taboleiro de anuncios do centro en que actúe a Comisión de Acceso a proposta motivada e vinculante de nomeamento para a provisión da praza, con expresión de todas as persoas candidatas propostas por orde de preferencia. Contra a dita proposta os/as concursantes poderán presentar reclamación ante o reitor, no prazo de dez días.
8.2. Unha vez que se publique, o/a presidente/a da Comisión de Acceso ou, de ser o caso, o/a secretario/a entregará a proposta na Secretaría Xeral da Universidade da Coruña xunto coas actas e cos informes que compoñen o expediente, un exemplar da documentación achegado por cada candidato coa xustificación documental correspondente e a certificación do/da secretario/a da Comisión en que se faga constar a data de publicación no taboleiro do centro.
8.3. Tras finalizar o procedemento, a documentación das persoas concursantes quedará á súa disposición na Secretaría Xeral da Universidade da Coruña, de onde deberán retirala. No entanto, no caso de interposición de recurso, non poderá retirarse ata que a resolución impugnada sexa firme, sen prexuízo de que as persoas interesadas poidan realizar copia da documentación para outros efectos.
8.4. Transcorridos seis meses desde a finalización do procedemento ou, no caso de haber recurso, desde que a resolución impugnada adquira firmeza, a documentación que non sexa retirada será destruída.
Novena. Presentación de documentos e nomeamento
9.1. A persoa candidata proposta en primeiro lugar deberá presentar, no prazo de vinte días contados desde o seguinte á publicación da proposta nos lugares e conforme o procedemento previsto na base 3.2, os seguintes documentos:
a) Declaración xurada ou promesa de non ter sido separado/a de ningunha Administración pública en virtude de expediente disciplinario, nin estar inhabilitado/a para o exercicio das funcións docentes e asistenciais.
Os/as concursantes que non teñan a nacionalidade española deberán acreditar non estaren sometidos a sanción disciplinaria ou condena penal que impidan, no seu Estado, o acceso á función pública segundo o establecido na Lei 17/1993, do 23 de decembro (Boletín Oficial del Estado do 24 de decembro).
c) Certificado médico oficial de non padecer ningunha enfermidade nin defecto físico ou psíquico que o/a incapacite para o desempeño das funcións correspondentes a profesor/a de universidade.
d) Declaración xurada ou promesa de no incorrer en incompatibilidade, segundo o establecido na Lei 53/1984, do 26 de setembro, de incompatibilidades do persoal ao servizo das administracións públicas (BOE do 4 de xaneiro de 1985).
Aquelas persoas que teñan a condición de funcionarias públicas de carreira estarán exentas de xustificar e presentar os documentos indicados nas alíneas a) e b), pero deberán presentar, no caso de procederen doutra Administración, unha certificación da universidade ou organismo de que dependan que acredite a súa condición de funcionarios/as e de cantas circunstancias consten na súa folla de servizos.
9.2. O reitor da Universidade da Coruña efectuará o nomeamento como funcionario/a docente de carreira do/da candidato/a proposto/a pola Comisión, que especificará a denominación da praza: corpo e área de coñecemento. Comunicaráselle ao correspondente rexistro para os efectos de outorgamento de número do rexistro de persoal e inscrición nos corpos respectivos, remitirase para a súa publicación ao Boletín Oficial del Estado e ao Diario Oficial de Galicia e comunicaráselle á Secretaría Xeral do Consello de Universidades.
9.3. No prazo máximo de vinte días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación do nomeamento no Boletín Oficial del Estado, o/a candidato/a proposto/a deberá tomar posesión do seu destino, momento en que adquirirá a condición de funcionario/a docente universitario de carreira do corpo de que se trate cos dereitos e deberes que lle son propios.
Décima. Comisión de Reclamacións
10.1. Contra as propostas das comisións dos concursos de acceso, as persoas concursantes poderán presentar reclamación ante o reitor, no prazo de dez días. Admitida a trámite a reclamación, suspenderanse os nomeamentos ata a súa resolución.
A reclamación será valorada por unha comisión composta por sete catedráticos e/ou catedráticas de universidade pertencentes a diversos ámbitos do coñecemento, designados polo Claustro da Universidade, con ampla experiencia docente e investigadora.
10.2. A Comisión de Reclamacións oirá os membros da Comisión contra cuxa proposta se presentase a reclamación e as persoas candidatas que participasen no concurso.
10.3. Esta comisión examinará o expediente relativo ao concurso para velar polas garantías establecidas e ratificará ou non a proposta reclamada no prazo máximo de tres meses, tras o cal o reitor ditará a resolución de acordo coa proposta da Comisión. O transcurso do prazo establecido sen resolver entenderase como rexeitamento da reclamación presentada.
10.4. As resolucións do reitor a que se refire o punto anterior deste artigo esgotan a vía administrativa e serán impugnables directamente ante a xurisdición contencioso-administrativa, de acordo co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Undécima. Protección de datos de carácter persoal
11.1. De conformidade coa Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais, os datos das persoas candidatas utilizaranse unicamente para a avaliación dos seus méritos e para a xestión e resolución do procedemento.
11.2. O órgano responsable do dito tratamento é a Secretaría Xeral, ante a que se poden exercer os dereitos de acceso, rectificación, supresión, limitación de tratamento, oposición e portabilidade, na Reitoría da UDC; rúa Maestranza, 9, 15001 A Coruña, mail: rpd@udc.gal, teléfono 881 01 11 61; ou tamén mediante a sede electrónica da UDC. A delegada de protección de datos é Luz María Puente Aba: dpd@udc.gal. Tamén poden dirixirse á Axencia Española de Protección de Datos para realizar a oportuna reclamación que consideren oportuna.
11.3. A base de xustificación deste tratamento é o exercicio de poderes públicos e a realización de funcións administrativas como consecuencia da prestación do servizo de educación superior (artigo 6.1.e) Regulamento europeo de protección de datos; Lei orgánica do Sistema universitario e Lei autonómica 6/2013, do Sistema universitario de Galicia.
11.4. Poderanse ceder datos a administracións públicas con competencias na materia e nos supostos de obrigas legais.
Duodécima. Norma derradeira
Contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpor recurso ante a xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación no Boletín Oficial del Estado, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Potestativamente, poderase interpor recurso de reposición ante o reitor, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da dita publicación, de acordo co disposto no artigo 123 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE do 2 de outubro).
A Coruña, 8 de agosto de 2024
O reitor da Universidade da Coruña
P.D. (Resolución do 10.7.2024)
María Teresa López Fernández
Vicerreitora de Profesorado
ANEXO I
Número de concurso: 24/005. Número de prazas: 1. OEP: 2023.
Corpo: profesor/a titular de universidade.
Área de coñecemento: Medicina e Microbioloxía.
Departamento: Fisioterapia, Medicina e Ciencias Biomédicas.
Especialidade: Microbioloxía e Parasitoloxía.
Centro: Facultade de Fisioterapia.
ANEXO II
Corpo: profesores/as titulares de universidade.
Área de coñecemento: Medicina.
Praza número: 24/005.
Comisión titular:
Presidente: Blanco García, Francisco Javier, catedrático de universidade, Universidade da Coruña.
Secretaria: Castellanos Rodrigo, María del Mar, profesora titular de universidade, Universidade da Coruña.
Vogal 1ª: Blanco Aparicio, Marina, facultativa especialista de área, Servizo Galego de Saúde (Sergas).
Vogal 2ª: Antolín Novoa, Silvia, facultativa especialista de área, Servizo Galego de Saúde (Sergas).
Vogal 3º: Rodríguez Osorio, Carlos, profesor titular de universidade, Universidade de Santiago de Compostela.
Comisión suplente:
Presidenta: Crespo Leira, María Generosa, profesora titular de universidade, Universidade da Coruña.
Secretario: Pérez Fontán, Miguel, profesor titular de universidade, Universidade da Coruña.
Vogal 1ª: Cao Vilariño, Mercedes, facultativa especialista de área, Servizo Galego de Saúde (Sergas).
Vogal 2ª: Diz-Lois Palomares, Maite, facultativa especialista de área, Servizo Galego de Saúde (Sergas).
Vogal 3º: Marquina Díaz, Domingo, catedrático de universidade, Universidade Complutense de Madrid.
