De conformidade co disposto na Lei orgánica 2/2023, do 22 de marzo (BOE do 23 de marzo), do sistema universitario (LOSU), na Lei 39/2015, do 1 de outubro (BOE do 2 de outubro), do procedemento administrativo común das administracións públicas, no Decreto 266/2002, do 6 de setembro (DOG do 17 de setembro), da Xunta de Galicia, sobre contratación de profesorado universitario, nos estatutos da Universidade da Coruña, aprobados polo Decreto 101/2004, do 13 de maio (DOG do 26 de maio), da Xunta de Galicia, e modificados polo Decreto 194/2007, do 11 de outubro (DOG do 17 de outubro), nas normas provisionais de adaptación dos procedementos de selección de persoal docente investigador (PDI) á LOSU e a súa normativa de desenvolvemento, aprobados nos consellos de Goberno do 27.4.2023, 24.10.2023, 20.12.2023 e 5.6.2024, e na normativa pola que se regula o procedemento para a selección de persoal docente e investigador interino e laboral contratado, aprobada polo Consello de Goberno na sesión do 30 de abril de 2014, no non regulado expresamente nas normas provisionais de adaptación, esta reitoría fai público que mediante a Resolución do 8 de agosto de 2024 se convoca un concurso público para a contratación de persoal docente e investigador nas seguintes categorías:
Profesor/a asociado/a: 15 prazas.
A información completa (bases da convocatoria, modelo de solicitude etc.) pode consultarse no taboleiro electrónico oficial da UDC e na páxina web http://www.udc.es/pdi/concursos/concursos_contratacion/
O prazo de presentación de solicitudes é de dez días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia.
A Coruña, 8 de agosto de 2024
O reitor da Universidade da Coruña
P.D. (Resolución do 10.7.2024)
María Teresa López Fernández
Vicerreitora de Profesorado
