De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), notifícaselle á titular que no anexo se menciona a incoación do expediente sancionador en materia de turismo por infracción da Lei 7/2011, do 27 de outubro, do turismo de Galicia, xa que, intentada polos medios habituais, non puido efectuarse a notificación.
Neste mesmo acto designouse instrutor do expediente a Juan Luis Martínez Sieira, podendo os interesados promover a súa recusación en calquera momento da tramitación do procedemento, de conformidade co disposto no artigo 24 da Lei 40/2015, do 1 de outubro, de rexime xurídico do sector público (BOE núm. 236, do 2 de outubro).
A resolución do presente procedemento por infracción leve correspóndelle á xefa da Área Provincial da Coruña da Axencia de Turismo de Galicia, de acordo co establecido no artigo 26 dos estatutos da devandita axencia, respecto do artigo 4 do Decreto 196/2012, do 27 de setembro, polo que se crea a citada axencia e se aproban os seus estatutos (DOG núm. 193, do 9 de outubro) e respecto do artigo 119.1.a) da Lei 7/2011, do 27 de outubro, do turismo de Galicia.
De conformidade co disposto no artigo 124.1 da Lei 7/2011, do 27 de outubro, a resolución do presente procedemento sancionador deberá notificarse no prazo dun ano desde a data deste acordo.
Os interesados dispoñerán dun prazo de dez días, conforme co establecido no artigo 73 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, para achegar ante o instrutor do expediente, para a súa incorporación a este, cantas alegacións, documentos ou informacións xulguen convenientes e, de ser o caso, propoñer proba concretando os medios dos que pretenda valerse, coa advertencia de que, de non formular alegacións no prazo sinalado, este acordo se considerará como proposta de resolución, de conformidade co previsto no artigo 64.2.f) da dita lei.
De conformidade co establecido no artigo 85.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, infórmase a persoa imputada de que a sanción sinalada no acordo de incoación poderá ser obxecto das seguintes reducións: o 20 % (no caso de que recoñeza a súa responsabilidade ou pague voluntariamente en calquera momento anterior á resolución) ou o 40 % (no caso de que recoñeza a súa responsabilidade e, ademais, pague voluntariamente en calquera momento anterior á resolución).
A Coruña, 1 de agosto de 2024
Ana Teresa Cimas Hernando
Xefa da Área Provincial de Turismo da Coruña
ANEXO
Expediente: RITGA-E-2024-008057 (referencia AC-089/2024).
Denunciada: Jessica Galvis Candel.
Establecemento: La Cantina.
Enderezo: rúa do Estadio, 102, no lugar de Río Seco.
Localidade: Narón.
Precepto infrinxido: artigo 109.2.a) e artigo 109.2.c) da Lei 7/2011, do 27 de outubro, do turismo de Galicia.
Incoación: 2 de xullo de 2024.
Sanción: multa de dous centos setenta e cinco euros (275 €).
Importe da multa coa aplicación do 20 % de desconto: dous centos vinte euros (220 €).
Importe da multa coa aplicación do 40 % de desconto: cento sesenta e cinco euros (165 €).
