DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 161 Xoves, 22 de agosto de 2024 Páx. 47706

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

ANUNCIO do 1 de agosto de 2024 polo que se notifican as resolucións dos recursos potestativos de reposición ditadas no expediente de reposición da legalidade urbanística LUG/8/2020-RP1 (R1 e R2).

A directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística ditou, o 2 de xullo de 2024, resolucións dos recursos potestativos de reposición recaídas no expediente de reposición da legalidade urbanística LUG/8/2020-RP1.

Ao non poderse realizar a notificación persoal daquela resolucións ás persoas interesadas con documento nacional de identidade 34252703Z e 34248842W, mediante este anuncio, e ao abeiro do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselles ás persoas interesadas as devanditas resolucións por medio dun anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 46 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, o acto non se publica na súa integridade, comunícaselles ás persoas interesadas que o texto íntegro das resolucións que se notifica atópase ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística sitas no Edificio Witland, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado. Transcorrido o dito prazo, as notificacións entenderanse producidas.

Contra as devanditas resolucións, que son definitivas en vía administrativa, as persoas interesadas poden interpoñer recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, ante o xulgado do contencioso-administrativo en cuxa circunscrición se sitúe o inmoble afectado, conforme o disposto no artigo 14.1, regra terceira da Lei 29/1998, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Para que conste, e lles sirva de notificación aos citados interesados en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, expido e asino este anuncio.

Santiago de Compostela, 1 de agosto de 2024

María Victoria Núñez López
Directora da Axencia de Protección
da Legalidade Urbanística