BDNS (Identif.): 741593.
De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo pode consultarse na Base de datos nacional de subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index).
Primeiro. Modificación da dotación orzamentaria
Modificación da alínea a) do artigo 25.1, que queda redactada do seguinte xeito:
«a) Código de proxecto 45.03.713B.770.0.2016 00207 por un importe de 5.079.520,00 euros (507.952,00 euros no ano 2024 e 4.571.568,00 euros no ano 2025). Este crédito destinarase ás axudas solicitadas por todo tipo de beneficiarios recollidos nesta orde, excepto entidades locais.
Resérvanse 900.000,00 € para solicitudes que se foresten nos terreos cuxa superficie estea ocupada na súa totalidade por eucalipto (Eucalyptus sp.) con diámetro normal medio inferior a 10 cm, por acacia negra (Acacia melanoxylon), mimosa (Acacia dealbata) e/ou falsa acacia (Robinia pseudoacacia), por masas mixtas de coníferas, frondosas e matogueira, con diámetro normal medio conxunto inferior aos 10 cm, en que a superficie ocupada pola especie dominante non supere o 60 % da superficie total ou superficies que, conforme as alíneas c), d), e), g), h), i) e j) do anexo II da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, poden plantarse con frondosas do anexo I da Lei 7/2012. No caso de que os ditos expedientes non cubran o dito importe, o remanente dedicarase ao resto de solicitudes».
Santiago de Compostela, 12 de agosto de 2024
María José Gómez Rodríguez
Conselleira do Medio Rural
