DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 161 Xoves, 22 de agosto de 2024 Páx. 47669

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático

ANUNCIO do 1 de agosto de 2024, da Dirección Territorial da Coruña, polo que se emprazan as persoas interesadas para seren notificadas por comparecencia en expedientes sancionadores en materia de protección e benestar de animais de compañía en Galicia (expediente ANI-CO-0018/2024-V e tres máis).

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, despois de intentar a notificación persoal dúas veces, as persoas interesadas son emprazadas para seren notificadas por comparecencia.

Polo que, por medio deste anuncio, os actos administrativos ditados en relación cos procedementos sancionadores en materia de protección dos dereitos e o benestar dos animais (Lei 7/2023, do 28 de marzo, BOE núm. 75, do 29 de marzo) sonlles notificados ás persoas indicadas no anexo.

Para o coñecemento íntegro de tal acto e a constancia deste, as ditas persoas interesadas, poderán comparecer no prazo e lugar que se sinalan a continuación:

– No prazo de dez (10) días, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE).

– Na sede desta dirección territorial provincial, situada na rúa Vicente Ferrer, 2, 8º andar, ala sur, A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Despois de transcorrer o dito prazo, sen que se efectúe a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

A eficacia do presente anuncio queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do BOE.

A Coruña, 1 de agosto de 2024

María Pilar Arias Graña
Directora territorial da Coruña

ANEXO

Expediente

Persoa interesada DNI/NIF/NIE

Acto de notificación

ANI-CO-0018/2024-V

32844508W

Proposta de resolución

ANP-CO-0018/2024-V

79343479B

Acordo de inicio

ANP-CO-0019/2024-V

32717203W

Acordo de inicio

CON-CO-0013/2024-V

32388173X

Acordo de inicio