DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 161 Xoves, 22 de agosto de 2024 Páx. 47671

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático

ANUNCIO do 14 de agosto de 2024, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade, polo que se somete a información pública a solicitude de autorización ambiental integrada e o estudo de impacto ambiental para unha planta de fundición de chatarra de aluminio situada no parque empresarial de Pedra Partida, concello de Coirós. Titular: Aluminios Cortizo, S.A. (expediente 2024-IPPC-I-99).

Para os efectos previstos no artigo 29 da Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia (BOE núm. 273, do 10 de novembro), faise público que por espazo de trinta (30) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, quedará exposta a documentación correspondente á solicitude de autorización ambiental integrada e ao estudo de impacto ambiental da planta de fundición de chatarra de aluminio situada no parque empresarial de Pedra Partida, presentada por Aluminios Cortizo, S.A., co fin de que calquera persoa interesada poida consultala e, de ser o caso, formular dentro do dito prazo as alegacións, suxestións ou observacións que considere convenientes.

A documentación estará á disposición das persoas administradas nas dependencias da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade, Servizo de Prevención e Control Integrados da Contaminación, en horario de atención ao público (rúa de San Lázaro, s/n, 15781 Santiago de Compostela). Ademais, tamén se poderá consultar na páxina web da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático (http://cmatv.xunta.gal/>>medio ambiente e sostibilidade>>prevención e control de actividades>>autorización ambiental integrada >>proxectos en información pública).

Santiago de Compostela, 14 de agosto de 2024

Ramón Martínez Boga
Director xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade

ANEXO

Expediente: 2024-IPPC-I-99.

Titular: Aluminios Cortizo, S.A.

NIF: A15077761.

Domicilio social: Estramundi, s/n, 15910 Padrón (A Coruña).

Localización da instalación: parque empresarial Pedra Partida, s/n, parcela 9, 15316 Coirós (A Coruña).

Actividade: fundición de chatarra de aluminio.

Categorías da actividade: 2.5.b) e 5.4.d) do anexo I do Real decreto lexislativo 1/2016, do 16 de decembro.

Descrición do proceso: a chatarra de aluminio será sometida a un pretratamento mecánico (trituración e clasificación) e posteriormente será fundida para a obtención do tocho de aluminio de segunda fusión ou secundario.

Verteduras: non se xeran augas residuais industriais derivadas do proceso de fusión. Disponse de redes separativas de augas pluviais e fecais. As pluviais susceptibles de estaren contaminadas son tratadas e vertidas ao colector municipal. As fecais son conducidas á rede municipal de saneamento.