DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 161 Xoves, 22 de agosto de 2024 Páx. 47673

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ACORDO do 30 de xullo de 2024, da Dirección Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública a solicitude de outorgamento da autorización administrativa previa, de construción e de declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación de distribución de enerxía eléctrica no concello de Malpica de Bergantiños (expediente IN407A 2024/105-1).

Expediente: IN407A 2024/105-1.

Solicitante/promotora: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación: regulamentación LMT BRT803-a 9T650FF3//91 a 9T3B7QU5//93.

Concello: Malpica de Bergantiños.

1. Características técnicas:

As instalacións de alta tensión obxecto deste expediente atópanse no lugar de Buño, no concello de Malpica de Bergantiños.

• Substitución de condutor en tramo LMTA a 20 kV de 83 metros, condutor tipo LA-110 Al, con orixe no apoio núm. 9T4PTJ7B//92 existente que se substituirá da LMT BRT803 (expediente IN407A 2016/2253-1), procedente da subestación Bértoa e remate no apoio núm. 9T3B7QU5//93 existente que se substituirá. Substitución dos apoios núm. 9T650FF3//91 por tipo C-1000/12, núm. 9T4PTJ7B//92 por tipo C-1000/14 e núm. 9T3B7QU5//93 por tipo C-1000/12. Retensado dos vans adxacentes ao tramo que se vai substituír.

2. Lexislación de aplicación:

– Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

– Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Resolución do 19 de febreiro de 2014, da Consellería de Economía e Industria, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción, de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19.3.2014).

– Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).

– Decreto do 26 de abril de 1957 polo que se aproba o Regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 20 de xuño).

A relación concreta e individualizada dos bens e dereitos afectados que se considera de necesaria expropiación figura no anexo que se xunta ao presente acordo.

A declaración de utilidade pública, segundo o artigo 56 da Lei 24/2013, do sector eléctrico, levará implícita, en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación, para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954 (BOE núm. 351, do 17 de decembro).

A documentación estará á disposición das persoas interesadas nas dependencias da Sección de Enerxía da Dirección Territorial da Consellería de Economía e Industria da Coruña (rúa Vicente Ferrer, núm. 2, 2º andar, 15071 A Coruña), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, así como no taboleiro de anuncios do concello. Ademais, poderase consultar no Portal de transparencia e goberno aberto da Consellería de Economía e Industria:

https://edicionportais.xunta.es/web/portal-cei-2014/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/instalacions-electricas-distribucion-e-transporte

Isto faise público para coñecemento xeral e particular das persoas propietarias dos predios que figuran na relación anexa a este acordo e das persoas titulares de dereitos reais ou intereses económicos, sobre os bens afectados que fosen omitidos.

Poderán examinar a documentación técnica e, de ser o caso, achegar as alegacións ou observacións que consideren axeitadas, no prazo de 30 días contados a partir do día seguinte ao da última publicación deste acordo.

A Coruña, 30 de xullo de 2024

Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña

ANEXO

Relación de bens e dereitos afectados-concello de Malpica de Bergantiños.
Regulamentación LMT BRT803-a 9T650FF3//91 a 9T3B7QU5//93

Predio

proxecto

Persoa propietaria/titular

Referencia catastral

Lugar

Afección de solo

en pleno dominio

Afección de solo por servidume
de paso de enerxía eléctrica

Natureza do terreo

Apoio núm.

Superficie

(m2)

ml aér.

ml sot.

m2 aér.

m2 sot.

1

Descoñecida/o

15044A007012670000EU

Balsa

91

2,0

Rústico

2

María Carmen Sánchez Calvo

7719916NH1971N0001HW

Buño

92

2,0

Rústico

3

Descoñecida/o

7719911NH1971N0001JW

Buño

93

2,0

Rústico

Abreviacións:

ml aér.: lonxitude de servidume aérea en metros lineais.

ml sot.: lonxitude de servidume soterrada en metros lineais.

m2 aér.: superficie de servidume aérea en m2.

m2 sot.: superficie de servidume soterrada en m2.