Pola Resolución do 20 de xuño de 2024, da Dirección Territorial de Ourense, concedéronse as autorizacións administrativas previa e de construción e declaráronse, en concreto, de utilidade pública, para os efectos da urxente ocupación, as instalacións eléctricas no concello da Mezquita (expediente IN407A 2024/032-3).
De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, mediante este anuncio emprázanse os titulares do predio que no anexo se relaciona para seren notificados por comparecencia, por non ter sido posible efectuar a notificación prevista na citada norma.
As persoas interesadas, ou os seus representantes, deberán comparecer no prazo de dez días, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado, neste departamento territorial da Consellería de Economía e Industria en Ourense, na rúa Curros Enríquez, nº 1-3º (Servizo de Enerxía e Minas), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. A eficacia deste anuncio queda supeditada á súa publicación no TEU.
Transcorrido o dito prazo sen efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.
Ourense, 2 de agosto de 2024
A directora territorial de Ourense
P.S. (Decreto 140/2024, artigo 40.3)
José Luis Prada Suárez
Xefe do Servizo de Industria
ANEXO
Relación de afectados descoñecidos, de domicilio ignorado ou non notificados
Núm. de expediente: IN407A 2024/032-3.
Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.
Denominación da instalación: regulamentación LMTA SSB701 no treito entre os apoios CLRLIU4B e núm. 90-8.
Termo municipal: lugar da Vilavella, concello da Mezquita.
Predio núm. en proxecto: 1; referencia catastral: 32049A005000930000RW.
Paraxe: Os Castiñeiros.
Cultivo: monte baixo.
Titular: CMVMC de Vilavella.
Afeccións: ocupación de 2 m2 para o apoio núm. 20-11.
