DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 161 Xoves, 22 de agosto de 2024 Páx. 47686

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 2 de agosto de 2024, da Dirección Territorial de Ourense, polo que se notifica ás persoas interesadas a Resolución do 13 de xuño de 2024 relativa a instalacións eléctricas no concello da Arnoia, na provincia de Ourense (expediente IN407A 2024/027-3).

Por Resolución do 13 de xuño de 2024, da Dirección Territorial de Ourense, concedéronse as autorizacións administrativas previa e de construción e declaráronse, en concreto, de utilidade pública, para os efectos da urxente ocupación, as instalacións eléctricas no concello da Arnoia (expediente IN407A 2024/027-3).

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, mediante este anuncio emprázanse os titulares do predio que no anexo se relaciona para ser notificados por comparecencia, por non ter sido posible efectuar a notificación prevista na citada norma.

As persoas interesadas, ou os seus representantes, deberán comparecer no prazo de dez días, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado, neste departamento territorial da Consellería de Economía e Industria en Ourense, na rúa Curros Enríquez, nº 1-3º (Servizo de Enerxía e Minas), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. A eficacia deste anuncio queda supeditada á súa publicación no TEU.

Transcorrido o dito prazo sen efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Ourense, 2 de agosto de 2024

A directora territorial de Ourense
P.S. (Decreto 140/2024, artigo 40.3)
José Luis Prada Suárez
Xefe do Servizo de Industria

ANEXO

Relación de afectados descoñecidos, de domicilio ignorado ou non notificados

Núm. de expediente: IN407A 2024/027-3.

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación da instalación: regulamentación LMTA CAS803, no treito entre os apoios núm. 20-9 e núm. 20-13 (A Arnoia).

Termo municipal: lugar da Reza, concello da Arnoia.

Predio núm. en proxecto: 1; referencia catastral: 32004A035066490000PK.

Lugar: MC de Reza.

Cultivo: monte alto.

Titular: CMVMC A Reza e Lombas.

Afeccións: ocupación de 2 m2 para o apoio núm. 20-11.