Ao non ser posible a práctica de comunicación aos titulares das referencias catastrais que se relacionan a continuación por causas non imputables a esta Administración, de conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, faise pública a comunicación de xestión de biomasa, co fin de que no prazo de 15 días, que comezarán a contarse ao día seguinte ao da publicación do presente edicto no Boletín Oficial del Estado (BOE), as persoas interesadas no procedemento procederan á xestión da biomasa, segundo o establecido nos artigos 135 e 136 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e 21 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, así como á retirada de especies arbóreas prohibidas a que se refire o artigo 22 da citada lei.
A eficacia do acto notificado quedará demorada ata a publicación do pertinente anuncio do taboleiro de edictos único (TEU) do BOE.
Así mesmo, ponse en coñecemento da persoa responsable que o contido íntegro da citada notificación, así como a totalidade do expediente administrativo, está á súa disposición nas oficinas municipais do Concello de San Cibrao das Viñas, (Área de Medio Ambiente), situadas na praza da Constitución, das 9.00 ás 14.00 horas, os días laborables, de luns a venres.
|
Nº de expediente |
Referencia catastral |
Localización |
Interesado/a |
|
738/2024 |
32076A005000590000UA |
Outeiro Calvo |
Severino Barandela Grande |
|
738/2024 |
32076A005000610000UW |
Outeiro Calvo |
Modesto Barandela Grande |
|
738/2024 |
32076A005000620000UA |
Outeiro Calvo |
Benjamín Barandela Grande |
|
738/2024 |
32076A005000630000UB |
Outeiro Calvo |
Raúl Cid Barandela |
|
738/2024 |
32076A005000640000UY |
Outeiro Calvo |
Josefa Barandela Grande |
|
738/2024 |
32076A005000680000UL |
Outeiro Calvo |
Venerando Barandela Grande |
San Cibrao das Viñas, 30 de xullo de 2024
Marta Nóvoa Iglesias
Alcaldesa
