Ao non ser posible a práctica de comunicación aos titulares das referencias catastrais que se relacionan a continuación por causas non imputables a esta Administración, de conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, faise pública a comunicación de xestión de biomasa, co fin de que, no prazo de 15 días, que comezarán a contar ao día seguinte ao da publicación do presente edicto no Boletín Oficial del Estado (BOE), os interesados no procedemento procederan á xestión da biomasa, segundo o establecido nos artigos 135 e 136 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e 21 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, así como á retirada de especies arbóreas prohibidas a que se refire o artigo 22 da citada lei.
A eficacia do acto notificado quedará demorada ata a publicación do pertinente anuncio do taboleiro edictal único (TEU) do BOE.
Así mesmo, ponse en coñecemento da persoa responsable que o contido íntegro da citada notificación, así como a totalidade do expediente administrativo, está á súa disposición nas oficinas municipais do Concello de San Cibrao das Viñas, (Área de Medio Ambiente), situadas en praza da Constitución das 9.00 ás 14.00 horas, os días laborables, de luns a venres.
|
Nº de expediente |
Referencia catastral |
Situación |
Interesado/a |
|
1159/2024 |
32076A001002540000UY |
Monte de Medio |
Alfonso García Castro |
|
1187/2024 |
32076A001002860000UY |
A Farixa |
En investigación |
|
1187/2024 |
32076A002002150000UY |
A Farixa |
Manuel Rodríguez Pérez |
|
1315/2024 |
32076A501005250000YX |
Vilariño |
Modesto Domínguez Barandela |
San Cibrao das Viñas, 30 de xullo de 2024
Marta Nóvoa Iglesias
Alcaldesa
