Outorgada a declaración de utilidade pública que leva implícita a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada LAT 66 kV C1 Tambre 2-Negreira. Dist. antirregulamentarias AP.6 e AP.29, no concello de Brión (expediente IN407A 2022/257-1), pola Resolución desta dirección territorial, do 16 de maio de 2024, a favor da entidade beneficiaria UFD Distribución Electricidad, S.A., con enderezo na avenida de Arteixo, núm. 171, 15008 A Coruña.
Esta dirección territorial, de conformidade cos artigos 52 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954, e 56 do seu regulamento, do 26 de abril de 1957, acorda sinalar o día 27 de setembro de 2024 para o levantamento das actas previas á ocupación, en que se describirán os bens ou dereitos expropiables e de imposición de servidume de paso de enerxía eléctrica, contidos na relación de predios que se exporán xunto con este acordo no taboleiro de edictos do Concello de Brión, deducida da que se someteu a información pública no DOG do 17 de abril de 2023, no BOP do 28 de marzo de 2023 e no xornal La Voz de Galicia do 14 de abril de 2023, acto ao que deberán concorrer as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre os predios propostos como afectados, ás cales se lles practicará notificación individual en que se sinalarán os horarios de toma de datos sobre o terreo e do levantamento efectivo das actas nas oficinas da casa do dito concello.
Así mesmo, cando as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre os predios afectados sexan descoñecidas ou se ignore o lugar de notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar, publicarase un anuncio desta convocatoria no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado.
A Coruña, 31 de xullo de 2024
Isidoro Martinez Arca
Director territorial da Coruña
