Sendo preciso o cumprimento da obriga de xestión da biomasa vexetal e da retirada de árbores das especies incluídas na disposición adicional terceira da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, e conforme o establecido no artigos 22.3 da Lei 3/2007, e nos artigos 44 e 46.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, cando os interesados nun procedemento son descoñecidos, ou non sexa posible a notificación aos interesados, as notificacións efectuaranse mediante un anuncio publicado no Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial del Estado cos datos catastrais do terreo, e a eficacia do acto notificado quedará supeditada á publicación no Boletín Oficial del Estado.
Por medio deste anuncio comunícaselles ás persoas responsables a súa obriga de xestión da biomasa e/ou retirada das especies arbóreas prohibidas, para o cal son requiridas e lles conceden un prazo máximo de quince (15) días naturais desde a publicación no Boletín Oficial del Estado deste anuncio.
Transcorrido o devandito prazo, e no caso de persistencia no incumprimento, procederase á execución subsidiaria con repercusión na propiedade dos custos de xestión da biomasa e, se é o caso, comiso das especies arbóreas prohibidas retiradas pola Administración, sen prexuízo da instrución do procedemento sancionador que corresponda pola comisión dunha infracción leve tipificada no artigo 50.2.1 da Lei 3/2007, sancionable con ata 1.000 €, segundo establece o artigo 74 da Lei 43/2003, do 21 de novembro, de montes.
Ademais, advírteselle que o incumprimento da xestión da biomasa conforme o artigo 21.ter da Lei 3/2007 poderá supoñer a repercusión dos gastos de extinción de incendios, no caso de producirse, conforme o establecido no artigo 48.9 do citado texto legal.
Así mesmo, ponse en coñecemento das persoas interesadas que poderán acceder ao expediente completo nas oficinas municipais do Concello de Cenlle.
|
Nº de expediente |
Nombre/DNI/CIF |
Referencia catastral |
|
102/2024 |
María Adosinda Fernández Bernárdez |
32026A015000150001YD |
|
192/2024 |
José Veleiro |
32026A005000570000TH |
|
174/2024 |
Benigno Muíños Novoa |
32026A004001120000TU |
|
171/2024 |
Esperanza Freijido Bravo |
32026A021001970000TI |
|
172/2024 |
Esperanza Freijido Bravo |
32026A021001990000TE |
|
201/2024 |
En investigación |
32026A011008600000TQ |
|
156/2024 |
María Luz González García |
32026A011004030000TW |
|
191/2024 |
María Eva Fernández Rodríguez |
32026A005000530000TE |
|
158/2024 |
Emilio Diz González |
32026A011003980000TS |
|
162/2024 |
María Dolores González Diz |
32026A011003990000TZ |
Cenlle, 31 de xullo de 2024
Rebeca Sotelo Fernández
Alcaldesa
