O presidente de Portos de Galicia acorda o 20 de maio de 2024, o inicio do trámite da solicitude de concesión administrativa presentada pola empresa Abeijón Hermanos, S.L. para a ocupación do dominio público portuario en superficie, lámina de auga e ocupación parcial das edificacións 12.40.edf. 003 (nave taller, 2) e 12.40.edf. 004 (oficinas) titularidade de Portos de Galicia, para o desenvolvemento da actividade de mantemento e reparación de embarcacións mixtas de recreo e pesqueiras no porto do Freixo (expediente clave 12-40-24-C-2).
En cumprimento do disposto no artigo 70.2 da Lei 6/2017, do 12 de decembro, de portos de Galicia, faise público este trámite, para que as persoas e entidades interesadas poidan examinar o expediente e presentar por escrito as alegacións que consideren oportunas, por vía electrónica, a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, empregando o procedemento xenérico PR004A, e preferentemente por vía electrónica se se trata dun suxeito non obrigado.
Debido a que a ocupación solicitada excede de 2.500 m2, en aplicación do artigo 68.2.c) da Lei 6/2017, de portos de Galicia, ábrese a posibilidade de que se presenten outras solicitudes en competencia cos mesmos requisitos establecidos para unha solicitude de concesión, que afecte o mesmo espazo demanial solicitado e para o mesmo obxecto.
O prazo para presentar alegacións ou solicitudes en competencia será de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao de publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia.
A documentación está á disposición na ruta web www.portosdegalicia.gal> Comunicacións e avisos > Procesos de información pública.
Advírteselles aos posibles interesados que o acceso ao dominio público portuario solicitado soamente é posible por vía marítima, xa que os terreos lindeiros á zona de servizo son propiedade de Abeijón Hermanos, S.L.
Santiago de Compostela, 14 de xuño de 2024
José Antonio Álvarez Vidal
Presidente de Portos de Galicia
