De conformidade co disposto no artigo 22.3 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, e dado que os titulares dos bens que se relacionan a continuación son descoñecidos e se ignora o lugar de notificación, resulta imposible a súa notificación, comunícaselles ás persoas responsables a súa obriga legal de xestión da biomasa, e retirada de especies arbóreas prohibidas nas parcelas que se describen, imposta polo artigo 22.1 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia:
|
Expediente |
Data da acta de inspección |
Referencia catastral |
Localización/Polígono/Parcela |
Persoa responsable |
|
153/2024 |
6.2.2024 |
36005A043003870001YP |
Lugar Cesariños, parroquia San Clemente, polígono 43, parcela 387 |
Descoñecida |
|
156/2024 |
6.2.2024 |
36005A043003990000TZ |
Lugar Cesariños, parroquia San Clemente, polígono 43, parcela 399 |
Descoñecida |
|
2190/2023 |
24.4.2024 |
36005A056006800000TH |
Parroquia Bemil, polígono 56, parcela 680 |
Descoñecida |
|
2188/2023 |
24.4.2024 |
36005A056003410000TF |
Parroquia Bemil, polígono 56, parcela 341 |
Descoñecida |
|
2186/2023 |
24.4.2024 |
36005A050005350000TB |
Parroquia Bemil, polígono 50, parcela 535 |
Descoñecida |
|
2345/2023 |
27.5.2024 |
36005A014018610000TF |
Lugar Segade, parroquia Santa María, polígono 14, parcela 1861 |
Descoñecida |
|
2526/2023 |
24.4.2024 |
36005A020005210000TB |
Parroquia Bemil, polígono 20, parcela 521 |
Rosa Iglesias Ande (NIF e lugar de notificación descoñecidos) |
|
2527/2023 |
24.4.2024 |
36005A020005220000TY |
Parroquia Bemil, polígono 20, parcela 522 |
Descoñecida |
|
2534/2023 |
24.4.2024 |
36005A020005290000TM |
Parroquia Bemil, polígono 20, parcela 529 |
Descoñecida |
|
2531/2023 |
24.4.2024 |
36005A020005260000TL |
Parroquia Bemil, polígono 20, parcela 526 |
Descoñecida |
|
1039/2024 |
26.4.2024 |
36005A029002030000TS |
Lugar As Ribocias, parroquia San Clemente, polígono 29, parcela 203 |
Antonio Jamardo S-S (NIF e lugar de notificación descoñecidos) |
|
1028/2024 |
24.4.2024 |
36005A020005480000TW |
Lugar Paradela, parroquia Bemil, polígono 20, parcela 548 |
José Frieiro Iglesias (NIF e lugar de notificación descoñecidos) |
|
1031/2024 |
24.4.2024 |
36005A020005550000TG |
Lugar Paradela, parroquia Bemil, polígono 20, parcela 555 |
Serafín González Jamardo (NIF e lugar de notificación descoñecidos) |
|
1030/2024 |
24.4.2024 |
36005A020005500000TH |
Lugar Paradela, parroquia Bemil, polígono 20, parcela 550 |
Descoñecida |
|
1040/2024 |
26.4.2024 |
36005A029002020000TE |
Lugar As Ribocias, parroquia San Clemente, polígono 29, parcela 202 |
Descoñecida |
|
1041/2024 |
26.4.2024 |
36005A029001560000TT |
Lugar As Ribocias, parroquia San Clemente, polígono 29, parcela 156 |
Manuela Magariños Gil (NIF e lugar de notificación descoñecidos) |
|
1042/2024 |
26.4.2024 |
36005A029001590000TO |
Lugar As Ribocias, parroquia San Clemente, polígono 29, parcela 159 |
Descoñecida |
|
1043/2024 |
26.4.2024 |
36005A029001570000TF |
Lugar As Ribocias, parroquia San Clemente, polígono 29, parcela 157 |
José Blanco Fariña (NIF e lugar de notificación descoñecidos) |
|
1048/2024 |
26.4.2024 |
36005A029001650000TD |
Lugar As Ribocias, parroquia San Clemente, polígono 29, parcela 165 |
Manuela Magariños Gil (NIF e lugar de notificación descoñecidos) |
Considerando o anterior, e de conformidade co previsto no artigo 7.d) e 22.10 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, en relación co establecido no artigo 21.1.s) da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, e 61.1.s) da Lei 5/1997, do 22 de xullo, de Administración local de Galicia,
DISPOÑO:
Primeiro. Requirir a/as persoa/s responsable/s para que nun prazo máximo de quince (15) días naturais, contados a partir do día seguinte ao da publicación do presente anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), procedan á xestión de biomasa e/ou retirada da/das especie/s arbórea/s prohibidas sinalada/s na disposición adicional 3ª da Lei 3/2007 sinalada/s anteriormente.
Segundo. Advertir que en caso de persistencia no incumprimento transcorrido o dito prazo, poderanse impoñer multas coercitivas reiteradas cada tres (3) meses, cuxa contía será de novecentos euros por hectárea de superficie de parcela non xestionada, ou a parte proporcional se a área fose inferior, mentres persista o incumprimento, ou ben proceder á execución subsidiaria a través da realización por parte da Administración das actuacións materiais necesarias, con repercusión dos custos de xestión da biomasa e, de ser o caso, comiso das especies arbóreas prohibidas retiradas pola Administración, nas condicións establecidas neste aspecto.
En todo caso, a contía mínima que se vai impor por multa coercitiva será de cen euros con independencia das hectáreas que integren a superficie da parcela non xestionada, nas condicións establecidas no artigo 22.2 da dita Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, sen prexuízo da instrución do procedemento sancionador que corresponda.
Terceiro. Advertir que, no caso de proceder á execución subsidiaria, o inicio das actuacións materiais necesarias pola Administración poderase verificar en calquera momento transcorrido o prazo máximo concedido, dentro dos catro anos posteriores, atendidas as súas posibilidades materiais e orzamentarias de actuación, sempre que se manteña o incumprimento. Unha vez transcorrido este prazo de catro anos, a Administración competente deberá reiterar o apercibimento para poder proceder ás actuacións materiais en que consista a execución subsidiaria. Ante a falta de atención do devandito apercibimento, a Administración competente realizará as súas accións de control durante os catro anos seguintes co obxectivo de que a xestión estea concluída, en todo caso, con anterioridade ao primeiro día de abril de cada ano.
As persoas titulares dos terreos ou dos dereitos de aproveitamento terán a obriga legal de facilitar o acceso necesario para a realización dos traballos de xestión de biomasa e de retirada das especies arbóreas prohibidas. O suxeito que realice os traballos de execución subsidiaria terá a facultade de acceder sen consentimento da persoa titular, agás nos supostos excepcionais previstos legalmente, cando o acceso afecte, dentro da parcela, espazos físicos susceptibles de merecer a cualificación de domicilio para os efectos do artigo 18.2 da Constitución española.
O Concello procederá á liquidación provisional dos custos a que previsiblemente dará lugar, coa advertencia de que se procederá á súa exacción desde o momento en que se verifique o incumprimento da obrigación de xestión da biomasa nos prazos sinalados no artigo 22 da Lei 3/2007, sen prexuízo da liquidación definitiva unha vez rematados os traballos, de ser o caso.
A liquidación definitiva aprobarase unha vez finalizados os traballos de execución subsidiaria pola Administración actuante que desenvolva as actuacións materiais de execución subsidiaria, e seralle notificada á persoa responsable para o seu pagamento.
Neste caso, a liquidación provisional dos traballos necesarios para xestionar a biomasa e/ou retirada de especies arbóreas prohibidas establécese nas seguintes cantidades estimadas:
|
Número de expediente |
Referencia catastral |
ha afectadas por execución subsidiaria |
Liquidación provisional |
|
153/2024 |
36005A043003870001YP |
0,1116 ha |
395,72 € |
|
156/2024 |
36005A043003990000TZ |
0,0589 ha |
208,85 € |
|
2190/2023 |
36005A056006800000TH |
0,0522 ha |
206,35 € |
|
2188/2023 |
36005A056003410000TF |
0,0569 ha |
224,93 € |
|
2186/2023 |
36005A050005350000TB |
0,0754 ha |
298,07 € |
|
2345/2023 |
36005A014018610000TF |
0,1972 ha |
779,56 € |
|
2526/2023 |
36005A020005210000TB |
0,0295 ha |
116,62 € |
|
2527/2023 |
36005A020005220000TY |
0,0267 ha |
105,55 € |
|
2534/2023 |
36005A020005290000TM |
0,0341 ha |
134,80 € |
|
2531/2023 |
36005A020005260000TL |
0,0362 ha |
143,10 € |
|
1039/2024 |
36005A029002030000TS |
0,0102 ha |
36,17 € |
|
1028/2024 |
36005A020005480000TW |
0,0175 ha |
69,18 € |
|
1031/2024 |
36005A020005550000TG |
0,0249 ha |
98,35 € |
|
1030/2024 |
36005A020005500000TH |
0,0054 ha |
21,35 € |
|
1040/2024 |
36005A029002020000TE |
0,0075 ha |
29,65 € |
|
1041/2024 |
36005A029001560000TT |
0,0561 ha |
221,77 € |
|
1042/2024 |
36005A029001590000TO |
0,0810 ha |
320,21 € |
|
1043/2024 |
36005A029001570000TF |
0,0250 ha |
98,83 € |
|
1048/2024 |
36005A029001650000TD |
0,0058 ha |
22,93 € |
Cuarto. Advertir que a falta de cumprimento das obrigacións indicadas é constitutiva de infracción administrativa, polo que dará lugar ao comezo do procedemento sancionador que corresponda, no cal se poderán adoptar medidas de carácter provisional, consistentes en traballos preventivos de xestión da biomasa e retirada de especies arbóreas co obxectivo de evitar os incendios forestais, e comiso das indicadas especies, segundo o previsto no título VII da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia.
|
Competencia de incoación do procedemento sancionador (artigo 54 da Lei 3/2007) |
Expedientes 153/2024, 156/2024, 2188/2023, 2345/2023, 2526/2023, 2527/2023, 2534/2023, 2531/2023, 1039/2024, 1028/2024, 1031/2024, 1030/2024, 1040/2024, 1041/2024, 1042/2024, 1043/2024, 1048/2024: a persoa titular da xefatura territorial da consellería con competencias en materia forestal por razón do territorio en que se cometeu a infracción ou daquel con maior superficie afectada (artigo 54.1 da Lei 3/2007). Expedientes 153/2024, 156/2024, 2190/2023, 2186/2023: a persoa titular da Alcaldía do Concello de Caldas de Reis (artigo 54.3 da Lei 3/2007 en relación co artigo 21.1.s) LRBRL e 61.1.s) LALGA). |
|
Competencia de resolución do procedemento sancionador (artigo 54 da Lei 3/2007) |
Expedientes 153/2024, 156/2024, 2188/2023, 2345/2023, 2526/2023, 2527/2023, 2534/2023, 2531/2023, 1039/2024, 1028/2024, 1031/2024, 1030/2024, 1040/2024, 1041/2024, 1042/2024, 1043/2024, 1048/2024: serán competentes para a resolución dos procedementos sancionadores por infraccións tipificadas nesta lei e incoados no ámbito da consellería con competencia en materia forestal: a) A persoa titular da xefatura territorial da consellería competente en materia forestal, para a imposición de sancións pola comisión de infraccións leves. b) O órgano competente en materia forestal, para a imposición de sancións pola comisión de infraccións graves. c) A persoa titular da consellería que teña asignada a competencia en materia forestal, para a imposición de sancións pola comisión de infraccións moi graves (artigo 54.2 da Lei 3/2007). Expedientes 153/2024, 156/2024, 2190/2023, 2186/2023: a persoa titular da Alcaldía do Concello de Caldas de Reis (artigo 54.3 da Lei 3/2007). |
|
Cualificación da infracción |
Infracción leve (artigo 51.3.a) da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia), sen prexuízo do establecido no artigo 51.2.g) para as faltas graves. |
|
Contía máxima da sanción pecuniaria que se vai impor no caso de infracción leve |
1.000,00 € (artigo 74.a) da Lei 43/2003, do 21 de novembro, de montes, en relación co disposto no artigo 50.1 da Lei 3/2007. No caso de ser considerada infracción grave, a contía máxima da sanción será de 100.000,00 € (artigo 74.b). |
|
Sanción accesoria |
Sen prexuízo doutras que se poidan establecer no devandito procedemento, procederase ao comiso cautelar da madeira resultante da corta das especies arbóreas que deban ser retiradas de acordo co establecido no artigo 22.2 da Lei 3/2007, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia. |
Quinto. Advertir que, de conformidade co sinalado na Lei 3/2007, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, a persoa responsable terá a obriga de poñer en coñecemento desta Administración o inicio e a realización dos traballos de xestión, achegando neste último caso reportaxe fotográfica da súa realización. En ausencia da indicada comunicación, a Administración poderá considerar os traballos como non realizados mentres non conste proba en contrario.
Caldas de Reis, 1 de agosto de 2024
Juan Manuel Rey Rey
Alcalde
