Para os efectos previstos no artigo 29 da Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia (DOG núm. 203, do 25 de outubro), faise público que por espazo de trinta (30) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, quedará exposta a documentación titulada:
«Proxecto básico de solicitude de autorización ambiental integrada e estudo de impacto ambiental de planta de produción de CSR en Oural, termo municipal de Sarria».
Para que calquera persoa interesada poida consultala e, se é o caso, formular no citado prazo as alegacións, suxestións ou observacións que considere oportunas.
A documentación estará á disposición das persoas administradas nas dependencias da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostenibilidade, Servizo de Prevención e Control Integrados da Contaminación, en horario de atención ao público (rúa de San Lázaro, s/n, 15781 Santiago de Compostela). Ademais, tamén se poderá consultar na páxina web da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático (http://cmatv.xunta.gal/>>medio ambiente y sostenibilidad>>prevención y control de actividades>>autorización ambiental integrada>>proyectos en información pública).
Santiago de Compostela, 1 de agosto de 2024
Ramón Martínez Boga
Director xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade
ANEXO
Clave do expediente: 2024-IPPC-I-40.
Categoría principal da actividade (autorización ambiental integrada): 5.4.b) (valorización, ou unha mestura de valorización e eliminación, de residuos non perigosos cunha capacidade superior a 75 toneladas por día que realicen tratamento previo á incineración ou coincineración).
Titular: Votorantim Cementos España, S.A.
NIF: A36603025.
Domicilio social: rúa Brasil, núm. 56, 36204 Vigo (Pontevedra).
Enderezo da instalación: Oural, concello de Sarria (Lugo).
Actividade principal: produción de combustibles sólidos recuperados (CSR) derivados de residuos industriais e urbanos non reciclables, para o seu uso como combustible en fornos de produción de cemento.
Descrición: construción dunha nave de produción de CSR cunha superficie de 5.820 m2 xunto á planta de produción de cemento actual de Oural. A capacidade de produción será de 85.000 toneladas/ano.
As verteduras que se xerarán na instalación correspóndense con:
– Augas residuais procedentes de limpeza de soleiras de zona de recepción por baldeo, que se recollen nun depósito estanco e son entregadas a xestor autorizado.
– Augas pluviais, que se canalizan a unhas balsas de decantación impermeabilizadas e o efluente, unha vez depurado, é vertido ao río Celeiro.
