DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 163 Luns, 26 de agosto de 2024 Páx. 48185

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático

ANUNCIO do 2 de agosto de 2024, da Dirección Territorial de Ourense, polo que se lles notifica aos interesados o requirimento das follas de valoración e a ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación do parque eólico Serra do Faro, fase I (expediente IN661A 2011 02/3-AT).

Logo da redacción das actas previas á ocupación o 1 de marzo de 2024 no concello de Piñor (Ourense), procédese á notificación aos particulares afectados, requírense as follas de aprecio e infórmase da ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación do parque eólico Serra do Faro (fase I), expediente IN661A 2011 02/3-AT.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, mediante este anuncio emprázanse os titulares dos predios que no anexo se relacionan para seren notificados por comparecencia, por non ter sido posible efectuar a notificación prevista na citada norma.

Os interesados, ou os seus representantes, deberán comparecer no prazo de dez (10) días, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE), no Departamento de Enerxías Renovables da Dirección Territorial da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático de Ourense, sito na rúa Curros Enríquez, nº 1, 3º, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. A eficacia deste anuncio queda supeditada á súa publicación no TEU.

Transcorrido o dito prazo sen efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Ourense, 2 de agosto de 2024

María José Fernández Laso
Directora territorial de Ourense

ANEXO

Relación de afectados descoñecidos, de domicilio descoñecido, ou non notificados polo parque eólico
Serra do Faro (fase I) (IN661A 2011 02/3 AT) nos concellos de San Cristovo de Cea e Piñor (Ourense)

Nº de predio segundo proxecto

Titularidade proposta

Datos catastrais parcela

Afeccións (m²)

Servidume de paso

Referencia catastral

Concello

Polígono

Parcela

Lugar

Cultivo

Vía

Gabia

98

Descoñecido

32062A04900149

Piñor

049

00149

Rebordelas

Matogueira

681,32

3,42