DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 163 Luns, 26 de agosto de 2024 Páx. 48188

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático

ANUNCIO do 6 de agosto de 2024, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade, do informe ambiental estratéxico relativo á modificación puntual das normas subsidiarias de planeamento de Redondela para a delimitación do solo de núcleo rural do Vilar do Mato, no concello de Redondela (expediente 2024AAE2903).

De acordo co previsto na Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, faise público o informe ambiental estratéxico formulado o 2 de agosto de 2024 sobre a modificación puntual das normas subsidiarias de planeamento de Redondela para a delimitación do solo de núcleo rural do Vilar do Mato, no concello de Redondela.

Este informe ambiental estratéxico pódese consultar no seguinte enderezo da internet: https://cmatv.xunta.gal/busca-por-palabra-clave (expediente 2024AAE2903).

Santiago de Compostela, 6 de agosto de 2024

Ramón Martínez Boga
Director xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade