DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 163 Luns, 26 de agosto de 2024 Páx. 48206

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 6 de agosto de 2024, da Dirección Territorial de Ourense, polo que se lles comunica o traslado aos titulares das follas de valoración formuladas pola entidade beneficiaria nun expediente de expropiación forzosa no concello do Barco de Valdeorras (expediente IN407A 2022/174-3).

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado (BOE) resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar...», mediante este anuncio infórmase da presentación das follas de valoración da entidade beneficiaria no procedemento de expropiación sobre os bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada instalación de interruptor TC na LMTA BDV705 apoio núm. D22, situada no concello do Barco de Valdeorras, correspondentes aos predios e ás titularidades que se sinalan no cadro anexo. Así mesmo, indícase a data da acta de autorización á empresa beneficiaria para poder ocupar os predios afectados.

O texto íntegro das referidas follas de valoración está ao dispor das persoas titulares na sede do Departamento Territorial da Consellería de Economía e Industria (rúa Curros Enríquez, nº 1, 4º andar, 32003 Ourense) logo de pediren cita previa no teléfono 988 38 67 28, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. As persoas titulares disporán dun prazo de dez (10) días, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio, para solicitaren a remisión das correspondentes follas ao enderezo que sinalen. Transcorrido o dito prazo de dez días sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo fixado para comparecer.

Ourense, 6 de agosto de 2024

Alicia María López Míguez
Directora territorial de Ourense

ANEXO

Relación de afectados descoñecidos,
con enderezo ignorado ou non notificados

Nº de expediente: IN407A 2022/174-3.

Denominación: instalación de interruptor TC na LMTA BDV705 apoio núm. D22.

Concello: O Barco de Valdeorras.

Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Data da acta de ocupación: 6 de xullo de 2023.

Predio nº

Lugar

Referencia catastral

Titular

1

Gulpilleiras

32010A009004240000XF

Descoñecido

2

Mosteiros

32010A009002230000XB

Descoñecido