DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 163 Luns, 26 de agosto de 2024 Páx. 48208

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 7 de agosto de 2024, da Dirección Territorial de Ourense, polo que se lles comunica o traslado aos titulares das follas de valoración formuladas pola entidade beneficiaria nun expediente de expropiación forzosa no concello de Toén (expediente IN407A 2023/90-3).

Para cumprir co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar...», mediante este anuncio infórmase da presentación das follas de valoración da entidade beneficiaria no procedemento de expropiación sobre os bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica LMTA, CTI e RBTA Quellepán, situada no concello de Toén, correspondentes aos predios e titularidades que se sinalan no cadro anexo. Así mesmo, indícase a data da acta de autorización á empresa beneficiaria para poder ocupar os predios afectados.

O texto íntegro das referidas follas de valoración atópase ao dispor das persoas titulares na sede do Departamento Territorial da Consellería de Economía e Industria (rúa Curros Enríquez, núm. 1, 4º andar, 32003 Ourense), logo de pediren cita previa no teléfono 988 38 67 28, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. As persoas titulares disporán dun prazo de dez (10) días, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio, para solicitaren a remisión das correspondentes follas ao enderezo que sinalen.

Transcorrido o dito prazo de dez días sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo fixado para comparecer.

Ourense, 7 de agosto de 2024

Alicia María López Míguez
Directora territorial de Ourense

ANEXO

Relación de afectados descoñecidos, con enderezo ignorado ou non notificados

Nº de expediente: IN407A 2023/90-3.

Instalación: LMTA, CTI e RBTA Quellepán.

Concello: Toén.

Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Data da acta de ocupación: 14 de xuño de 2024.

Predio

núm.

Lugar

Referencia catastral

Titular

Incidencia

5

Baxoca

32082A049000110000LY

Luis Pereira Álvarez

Notificación infrutuosa

7

Montecelo

32082A044000760000LO

José Antonio Rodríguez Mosquera

Notificación infrutuosa

9

Toxeira

32082A044001190000LU

Herdeiros de Manuel Álvarez Penelas

Enderezo descoñecido

14

Toxeira

32082A044001100000LK

José Antonio Rodríguez Mosquera

Notificación infrutuosa

13

Toxeira

32082A044001120000LD

Manuel Rodríguez Rodríguez

Enderezo descoñecido

17

Cerreiriñas

32082A044001690000LM

Alba Romero Borrajo

Enderezo descoñecido

18

Cerreiriñas

32082A044001680000LF

Noelia Rodríguez Varela

Enderezo descoñecido

20

Cerreiriñas

32082A044001670000LT

Alba Romero Borrajo

Enderezo descoñecido