Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado (BOE) resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar…», mediante o presente anuncio infórmase as persoas afectadas pola expropiación da consignación do depósito previo á ocupación e da data de ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada Modificación do tramo final da LAT 132 kV O Irixo, Lalín, nos concellos de Dozón e Lalín, que figuran no cadro anexo.
Os interesados poderán solicitar o levantamento do depósito ante o Servizo de Coordinación Industrial da Dirección Territorial da Consellería de Economía e Industria de Vigo. Na solicitude deberán achegar unha copia do seu DNI e un certificado da conta bancaria que acredite que figuran como titulares da conta en que se ingresará o depósito.
Vigo, 6 de agosto de 2024
Beatriz López del Olmo
Directora territorial de Vigo
ANEXO
Expediente: 2007/169-3 AT.
Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.
Denominación da instalación: modificación tramo final LAT 132 kV Irixo Lalín.
Concellos: Dozón e Lalín.
|
Predio |
Referencia catastral |
Titular |
Data ocupación |
Depósito previo |
|
609 |
36016A35402367 |
A. V. Santo Domingo-Dozón |
19 de agosto de 2024 |
2024/54/352 |
|
615 |
36016A05300061 |
María Luisa González Varela |
19 de agosto de 2024 |
2024/54/355 |
|
952 |
36024A09500532 |
Tito Orlando Reboredo Reboredo |
19 de agosto de 2024 |
2024/54/363 |
