DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 163 Luns, 26 de agosto de 2024 Páx. 48202

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 6 de agosto de 2024 polo que se notifica o acto de ocupación no expediente 2022/339-1, predio número 1, e o levantamento de actas previas no expediente 2022/257-1, predio número 4.

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado (BOE) resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar...», unha vez intentada, infrutuosamente, a notificación por vía postal, farase a publicación no taboleiro edictal único (TEU) do BOE, e tamén, con carácter meramente informativo, publicarase no Diario Oficial de Galicia (DOG).

1. No expediente expropiatorio IN407A 2022/257-1, predio nº 4, notifícaselle á Manuel Míguez Nimo o levantamento de actas previas que terá lugar o 27 de setembro de 2024, ás 11.00 horas, aproximadamente, no predio sobre o que se vai realizar a expropiación. Posteriormente, redactarase a acta nas oficinas do concello de Brión, ás 11.30 horas do citado día.

2. No expediente expropiatorio IN407A 2022/339-1, predio nº 1, notifícaselle aos herdeiros de Ramona Sueiras Doce o acto de ocupación e requirimento da folla de apremio que terá lugar o 7 de agosto de 2024. Teñen ao seu dispor na Sección de Expropiacións da Consellería de Economía e Industria, Departamento Territorial da Coruña, unha copia da acta previa e do depósito previo. Dispoñen dun prazo de quince (15) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE para chegar a un acordo coa empresa beneficiaria, UFD Distribución Electricidad, S.A., chamando ao teléfono 981 01 45 00. De non producirse ese acordo e transcorrido o prazo antes sinalado, dispoñen de vinte (20) días hábiles para presentar a súa folla de valoración en que concreten o valor en que estimen o obxecto da expropiación.

A Coruña, 6 de agosto de 2024

Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña