Para cumprir co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar...», mediante este anuncio convócanse todas as persoas interesadas ao acto de levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada regulamentación da LMTA CCH802 no treito entre os apoios números 138-B28-11 e 138-B28-13, na casa do concello de Bande, segundo o calendario e o horario que se sinalan no cadro anexo.
Ao acto deberán comparecer as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre os bens afectados, por si mesmas ou representadas por unha persoa debidamente autorizada, e exhibir o seu DNI/NIF, así como os documentos acreditativos da titularidade.
Ourense, 6 de agosto de 2024
Alicia María López Míguez
Directora territorial de Ourense
ANEXO
Relación de afectados descoñecidos, con enderezo ignorado ou non notificados
Nº de expediente: IN407A 2024/31-3.
Instalación: regulamentación da LMTA CCH802 no treito entre os apoios números 138-B28-11 e 138-B28-13.
Concello: Bande.
Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.
|
Predio núm. |
Lugar |
Referencia catastral |
Titular |
Lugar da convocatoria |
Data |
Hora |
|
1 |
Castiñeira |
32007A106004960000IF |
Descoñecido |
Casa do concello de Bande |
1.10.2024 |
11.45 |
