DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 163 Luns, 26 de agosto de 2024 Páx. 48194

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 1 de agosto de 2024, da Dirección Territorial da Coruña, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción e a declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación de distribución eléctrica no concello de Val do Dubra (expediente IN407A 2023/322-1).

Expediente: IN407A 2023/322-1.

Promotor: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Instalación: instalación de telecontrol en LMT. NEG803 en A20UEGBF//161-37-A1.

Concello: Val do Dubra.

Feitos.

1. O día 30 de xuño do 2023, a empresa promotora solicitou a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública do proxecto de execución da dita instalación de distribución eléctrica e coa fin de mellorar a calidade e seguridade do servizo eléctrico coa implementación de elementos de seccionamento telecontrolados, proxéctase a instalación dun reconectador telecontrolado nun punto da liña de distribución de media tensión LMT. NEG803 (expediente 50.216), procedente da subestación Negreira, situado no lugar do Vilar, parroquia de Arabexo, concello de Val do Dubra.

Achegan o proxecto, que inclúe memoria, planos e orzamento xunto coa relación de bens e dereitos afectados de necesaria ocupación para a construción da liña, ao abeiro dos artigos 123 e 143 do Real decreto 1955/2000 e que abrangue os seguintes documentos:

– Proxecto de execución nomeado: instalación de telecontrol na LMT NEG803 en A20UEGBF//161-37-A1, asinado o 14 de febreiro do 2023 por Ángel Pérez Vidal, enxeñeiro técnico industrial graduado en Enxeñaría Eléctrica, con número colexial 4.781 de Vigo (COITIVigo).

2. O proxecto someteuse ao trámite de información pública mediante un acordo de data do 1 de setembro do 2023, publicado nos seguintes medios:

• Portal da transparencia e Goberno aberto da Consellería de Economía, Industria e Innovación.

• DOG: 22 de setembro do 2023, co número 181.

• BOP: 7 de setembro do 2023, co núm. 171.

• Xornal La Voz de Galicia: 28 de setembro do 2023.

• Taboleiro de anuncios do concello.

3. Durante o período no que se someteu o proxecto ao trámite de información pública non se presentou ningunha alegación, reclamación ou suxestión relacionada coa documentación obxecto de publicación.

4. Consonte o artigo 127 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, déuselles traslado ás distintas administracións, organismos ou, de ser o caso, empresas de servizo público ou de servizos de interese xeral afectadas dunha separata do proxecto, na parte na que a instalación puidera prexudicar a bens e dereitos ao seu cargo, que contén as características da instalación e a documentación cartográfica corrrespondente. Solicitóuselles o preceptivo informe a Augas de Galicia (Zona Hidrográfica Galicia Norte)-Dirección Territorial da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático da Coruña, ao Servizo de Infraestruturas Agrarias-Dirección Territorial da Consellería do Medio Rural da Coruña e ao Concello de Val do Dubra. A día desta resolución, non consta no expediente resposta dos organismos afectados á solicitude do condicionado solicitado.

5. O día 31.7.2024 emitiuse o informe técnico.

Consideracións legais e técnicas.

1. O director territorial é competente para resolver este expediente segundo o Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia; o artigo 41 do Decreto 116/2022, do 23 de xuño, polo que se establece a estrutura orgánica da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación (DOG núm. 126, do 4 de xullo), modificado polo Decreto 49/2023, do 19 de maio (DOG núm.98, do 25 de maio) consonte coa disposición adicional décimo segunda e a disposición transitoria primeira do Decreto 49/2024 do 22 de xuño, polo que se fixa a estrutura orgánica das consellerías da Xunta de Galicia (DOG núm. 81, do 24 de abril).

2. Lexislación de aplicación:

– Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

– Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09 (BOE núm. 68, do 19 de marzo.

– Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23 (BOE núm. 139, do 9 de xuño).

– Real decreto 842/2002, do 2 de agosto, polo que se aproba o Regulamento electrotécnico para baixa tensión (BOE núm. 224, do 18 de setembro).

– Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servizos da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de industria, enerxía e minas (BOE núm. 246, do 14 de outubro).

– Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).

– Decreto do 26 de abril de 1957, polo que se aproba o regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 20 de xuño).

3. Características técnicas:

As instalacións de alta tensión obxecto deste expediente atópanse no lugar do Vilar, parroquia de Arabexo, concello de Val do Dubra.

– Substitución de condutor en tramo LMTA. a 20 kV de 99 metros, condutor tipo LA-56 Al (existente LA-30), con orixe no apoio proxectado tipo C-2000/16 a intercalar entre os apoios núm. A1X3RL42//161-37 existente da LMT. NEG803 (expediente 50.216), procedente da subestación Negreira e o apoio número 161-37-A1 existente para substituír. Retensado dos vans adxacentes.

– Instalación de reconectador telecontrolado (RC) en apoio A20UEGBF//161-37-A1 de formigón para substituír por tipo C-2000/16.

4. No expediente consta un informe favorable dos servizos técnicos deste departamento territorial.

Consonte con todo o sinalado,

RESOLVO:

A) Conceder a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública da dita instalación de distribución eléctrica.

B) A instalación executarase no prazo dun ano, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

A declaración de utilidade pública leva implícita a necesidade de ocupación dos bens e de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación, para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

C) Para a posta en funcionamento da instalación autorizada, deberá achegar ante este departamento territorial unha solicitude á cal xuntará a seguinte documentación:

– As declaracións de conformidade relativas ao material ou equipamento e as certificacións ou homologacións, se procede.

– Un certificado do/a director/a da montaxe no que se garantirá o cumprimento das especificacións do proxecto e das prescricións complementarias, se as houber, así como das regulamentacións e normas axeitadas para a montaxe da instalación e posta a punto.

– Planimetría as built da instalación eléctrica en formato shape.

D) Esta autorización outórgase sen prexuízo doutras que sexan de aplicación segundo a lexislación vixente, en especial no relativo á ordenación do territorio e ao ambiente.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderá interporse recurso de alzada perante a conselleira de Economía e Industria, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación, segundo o disposto nos artigos 121 e 122 da da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro de 2015), sen prexuízo de que as persoas interesadas poidan interpor calquera outro recurso que consideren axeitado.

Mediante este documento notifícaselles aos interesados esta resolución, segundo o exixido no artigo 40.1 da Lei 39/2015.

A Coruña, 1 de agosto do 2024

Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña

ANEXO

Relación de bens e dereitos afectados

Expediente: IN407A 2023/322-1.

Instalación de telecontrol na LMT. NEG803 en A20UEGBF//161-37-A1.

Concello de Val do Dubra.

Parcela proxecto

Persoa propietaria/titular

Referencia catastral

Lugar

Afección pleno dominio (LMT, CT, e/ou apoios)

Natureza do terreo

CT/núm. do apoio

Superficie (m2)

1

José García Pereiro

15089A00800360000BR

Resedoiro

Novo apoio nº Pro-1

2

Rústico. Agrario.

Prados ou praderías.

2

Consuelo Pereiro Pumar

15089B514010010000DK

Pedras do Muíño

Novo apoio nº 161-37-A1

2

Rústico. Agrario.

Prados ou praderías.

Abreviacións:

ml aér: lonxitude da servidume aérea en metros lineais.

ml sot: lonxitude da servidume soterrada en metros lineais.

m2 aér: superficie de servidume aérea en m².

m2 sot: superficie de servidume soterrada en m².