De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (en diante, LPAC), logo de intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícanse ás persoas indicadas no anexo as resolucións ditadas no expediente DH.S15.87765 e cinco máis.
En cumprimento do artigo 46 da LPAC, o interesado poderá comparecer no prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE), para coñecemento íntegro do acto que se notifica e constancia de tal coñecemento, nas oficinas de Augas de Galicia, situadas na praza Camilo Díaz Baliño, 7-9, 15781 Santiago de Compostela, das 9.00 as 14.00 horas, de luns a venres, con cita previa no correo electrónico tramitaciondph.augas@xunta.gal ou nos teléfonos 981 54 41 41 e 981 54 50 87.
Así mesmo, indícase que poderá interpoñerse recurso de alzada, perante a Presidencia de Augas de Galicia, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta notificación, de conformidade co establecido nos artigos 121 e 122 da LPAC.
Santiago de Compostela, 6 de agosto de 2024
Roi Fernández Añón
Director de Augas de Galicia
ANEXO
|
Expediente |
Interesado/a |
Data da resolución |
Sentido da resolución |
|
DH.S15.87765 |
76487541Y |
18.6.2024 |
Favorable |
|
DH.S15.87765 |
33121727W |
18.6.2024 |
Favorable |
|
DH.S15.87765 |
Dorbelina Blanco Arosa |
18.6.2024 |
Favorable |
|
DH.S15.87765 |
76458931P |
18.6.2024 |
Favorable |
|
DH.B36.72232 |
76980041F |
15.10.2022 |
Arquivamento |
|
DH.W15.82817 |
46918157C |
8.4.2024 |
Arquivamento |
|
DH.A36.68868 |
35242778Q |
15.11.2023 |
Favorable |
|
DH.A36.64818 |
35257431H |
17.2.2024 |
Favorable |
|
DH.A36.05226 |
35344563A |
19.2.2024 |
Favorable |
