DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 163 Luns, 26 de agosto de 2024 Páx. 48224

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 30 de xullo de 2024, do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica da Mariña, polo que se somete a información pública unha solicitude de autorización de obras no concello de Ribadeo (expediente DH.W27.97634).

En cumprimento do previsto no artigo 78.ter.2.a) do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, faise público que se está a tramitar a seguinte solicitude de autorización de obras:

Solicitante: Roberto Rivas Tomé.

DNI: ***9360**.

Expediente: DH.W27.97634.

Lugar: Campoxurado.

Parroquia: Santa María de Vilasenán.

Concello: Ribadeo.

Descrición das actuacións:

As obras solicitadas consisten na construción dunha vivenda unifamiliar, dunha piscina e no cerramento de parte do perímetro da parcela con referencia catastral 27051R003006060000MI, na zona de policía do rego de Vilasenán.

O proxecto pode consultarse na sección de participación pública do portal de internet de Augas de Galicia (https://augasdegalicia.xunta.gal), e nas oficinas deste servizo territorial situadas na rolda da Muralla, 70, 2º (27071) de Lugo, solicitando cita previa no teléfono 982 29 44 14.

Os interesados poderán presentar alegacións durante o prazo de vinte días hábiles, contados a partir do seguinte á publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, en calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común.

Lugo, 30 de xullo de 2024

Rocío Carreira Carral
Xefa do Servizo Territorial
da Zona Hidrográfica da Mariña