DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 164 Martes, 27 de agosto de 2024 Páx. 48251

III. Outras disposicións

Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

RESOLUCIÓN do 14 de agosto de 2024 pola que se adxudican as bolsas, en réxime de concorrencia competitiva, para persoas colaboradoras na residencia do Centro Galego de Tecnificación Deportiva para o curso 2024/25, ao abeiro da Orde do 22 de maio de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de bolsas, en réxime de concorrencia competitiva, para persoas colaboradoras na residencia do Centro Galego de Tecnificación Deportiva para o curso 2024/25, e pola que se procede á súa convocatoria (código de procedemento DE400A).

De acordo co artigo 12 da Orde do 22 de maio de 2024, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de bolsas, en réxime de concorrencia competitiva, para persoas colaboradoras na residencia do Centro Galego de Tecnificación Deportiva para o curso 2024/25, e pola que se procede á súa convocatoria (código de procedemento DE400A) (DOG núm. 107, do 4 de xuño), e consonte o informe da Comisión de Selección, o 19 de xullo de 2024 a Secretaría Xeral para o Deporte formulou proposta de resolución provisional de bolsas, en réxime de concorrencia competitiva, para persoas colaboradoras na residencia do Centro Galego de Tecnificación Deportiva (CGTD) para a tempada 2024/25. O mesmo día publicouse a proposta de resolución provisional na páxina web da Secretaría Xeral para o Deporte e concedeuse un prazo de 10 días para formular alegacións, que rematou o 5 de agosto de 2024, data en que non houbo alegacións ao respecto.

Segundo o artigo 16 das bases reguladoras «O número de prazas convocadas é de 6. Para a súa cobertura atenderase, de ser posible en función das solicitudes presentadas, a criterios paritarios, de tal forma que 3 prazas sexan ocupadas por persoas do sexo feminino e as outras 3 por persoas do sexo masculino, coa finalidade de garantir unha correcta atención ao colectivo de deportistas do centro. Con esta finalidade, a cota de prazas destinada a cada sexo será ocupada polas persoas dese sexo que acaden a maior puntuación, en aplicación dos criterios de valoración previstos no artigo 9. No caso de que, polo número de solicitudes presentadas, non sexa posible a cobertura das prazas reservadas a un dos sexos, serán cubertas polas persoas solicitantes do outro sexo».

O 8 de agosto de 2024 a Secretaría Xeral para o Deporte formulou proposta de resolución definitiva de adxudicación das bolsas.

O artigo 12 das bases reguladoras establece que, baseándose na proposta de resolución definitiva, a persoa titular da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes ditará resolución pola que se adxudican as bolsas para persoas colaboradoras na residencia do Centro Galego de Tecnificación Deportiva para o curso 2024/25. Esta resolución publicarase no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e, así mesmo, será igualmente obxecto de publicidade a través da páxina web da Secretaría Xeral para o Deporte.

De acordo co exposto,

RESOLVO:

Primeiro. Adxudicar as bolsas de persoas colaboradoras na residencia do Centro Galego de Tecnificación Deportiva para o curso 2024/25, segundo a relación que figura como anexo desta resolución.

As persoas beneficiarias disporán dun prazo de dez (10) días para a súa aceptación, transcorrido o cal sen que se produza manifestación expresa entenderase tacitamente aceptada.

As baixas que se produzan unha vez publicada a listaxe definitiva teñen que ser comunicadas inmediatamente e por escrito ao enderezo de correo cgtd@xunta.gal para que poidan ser cubertas.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición perante a persoa titular da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben, recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da súa publicación, segundo dispoñen os artigos 10 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 14 de agosto de 2024

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes
P.D. (Decreto 136/2024, do 20 de maio,
e Orde do 12.6.2024; DOG núm. 117, do 18 de xuño)
José Ramón Lete Lasa
Secretario xeral para o Deporte

ANEXO

Listaxe de persoas colaboradoras no CGTD e listaxe de reserva

Solicitante

colaborador

Muller/Home

Nova/ Renova

Estudante CCAFD,

Univ., CFS

Puntos

Proxecto actividades

Puntos

DGAN/DAN/

DAR/CGTD

Puntos

Titulo CCAFD/ Maxisterio/

Técnico

deportivo

Puntos

Informe dirección

Puntos

Total

puntos

1

Bello Álvarez, Saúl

Home

Renova

CCAFD

6,0

1

1,0

DGAN

4,0

Técnico

deportivo

1,0

3

3,0

15,00

2

Da Costa Piñeiro, Lucía

Muller

Renova

Universitarios

3,0

0

 

DGAN/CGTD

6,0

 

0,0

3

3,0

12,00

3

Picón Voces,

Carlos Gutier

Home

Nova

CFS

2,0

2

2,0

DAN/CGTD

6,0

 

0,0

-

 

10,00

4

Giadás Couselo, Aarón

Home

Nova

CCAFD

6,0

2

2,0

 

 

 

0,0

-

 

8,00

5

Ruibal Rosende, Martín

Home

Nova

CFS

2,0

3

3,0

 

 

 

0,0

-

 

5,00

6

Acuña García,

Cándido

Home

Renova

CFM

 

0

 

DAR

1,0

Técnico

deportivo

1,0

2

2,0

4,00

RESERVA

7

Gómez Dacunha, Héctor

Home

Nova

CFS

2,0

0

 

 

 

 

0,0

-

 

2,00