En cumprimento do disposto no artigo 82 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e nos artigos 144.18 e 199 do Decreto 143/2016, do 23 de setembro, polo que se aproba o seu regulamento, faise pública a aprobación definitiva do Plan xeral de ordenación municipal do Concello de Baltar (Ourense), mediante a Orde da Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, do 31 de xullo de 2024, que figura como anexo.
Unha vez inscrito o devandito Plan xeral no Rexistro de Ordenación do Territorio e Planeamento Urbanístico de Galicia, a documentación íntegra deste, incluído o extracto ambiental, poderá consultarse na seguinte ligazón:
https://territorioeurbanismo.xunta.gal/gl/territorio-e-urbanismo/rexistro-de-ordenacion-do-territorio-e-urbanismo/buscador
Así mesmo, o informe ambiental estratéxico e a demais documentación do procedemento de avaliación ambiental do referido plan poderán ser consultados na seguinte ligazón:
https://medioambiente.xunta.gal/plans-e-programas-por-tipoloxia?p_p_id=aaeTipology_WAR_aae&p_p_lifecycle=0&p_p_state=normal&p_p_mode=view&p_p_col_id=column-2&p_p_col_count=1&_aaeTipology_WAR_aae__spage=%2Fportlet_action%2Faae%2FdetalleProxecto%3Fid%3D1033&_aaeTipology_WAR_aae_id=1033
Santiago de Compostela, 14 de agosto de 2024
Mª Encarnación Rivas Díaz
Directora xeral de Urbanismo
Orde de aprobación definitiva do Plan xeral de ordenación
municipal do Concello de Baltar (Ourense)
O Concello de Baltar, con data do 27.10.2023, e conforme o artigo 85.7 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia (LOUG), e a disposición transitoria 2.2 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia (LSG), remite para a súa aprobación definitiva o expediente e documento do Plan xeral de ordenación municipal (PXOM), aprobado provisionalmente o 10.10.2023.
Conforme esa disposición da LOUGA, o plan que na data de entrada en vigor da LSG conte con aprobación inicial, como é o caso, poderá continuar a súa tramitación a teor do disposto na LOUGA, ben que as súas determinacións deberán adaptarse plenamente á LSG.
Examinada a documentación, con data do 21.11.2023 requírese o concello para que complete o expediente. O Concello de Baltar achega documentación complementaria o 17.4.2024. Consta un segundo requirimento ao concello do 28.5.2024, que foi cumprido o 10.7.2024, achegando o PXOM aprobado provisionalmente o 3.7.2024.
Unha vez analizada a documentación achegada e vista a proposta literal que eleva a Dirección Xeral de Urbanismo, resulta:
I. Antecedentes e tramitación.
1. O Concello de Baltar carece de planeamento xeral e resúltalle de aplicación o Plan básico autonómico (PBA), aprobado polo Decreto 83/2018, do 26 de xullo. Conta con seis delimitacións de solo de núcleo rural: Meaus (AD 21.10.2016), Tosende (AD 23.9.2014), Sampaio (AD 26.3.2010), Vilamaior da Boullosa (AD 9.10.2009), Tixós (AD 9.10.2009) e Baltar (AD 9.10.2009).
2. Como instrumentos de ordenación do territorio con incidencia no concello constan:
• Directrices de ordenación do territorio, do 10.2.2011.
• Plan sectorial eólico de Galicia, primeira modificación (decembro 2022) OT-02-25: A Guioncha, Serra de Gomariz, Larouco e San Martiño.
• Programa coordinado de actuación 1ª revisión do Plan forestal de Galicia cara á neutralidade carbónica 2021-2040, do 30.9.2021.
3. O 2.9.2010, o concello remitiu ao órgano ambiental o documento de inicio do PXOM, de acordo ao establecido na LOUG, para o trámite da avaliación ambiental estratéxica, documentación completada o 1.10.2010. A Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental formulou o documento de referencia o 18.11.2010.
4. En virtude do artigo 85.1 da LOUG, o concello achegou á Secretaria Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo o PXOM, con datas do 3.1.2012 e 21.3.2012, e emitiuse o informe previo á aprobación inicial (IPAI) o 6.6.2012.
5. Con data 22.8.2013, o Concello Pleno aprobou inicialmente o PXOM (DOG do 12 de setembro). Foi sometido a información pública durante dous meses mediante anuncios no DOG e nos xornais La Voz de Galicia do 24.9.2013 e La Región do 6.9.2013. Simultaneamente déuselles audiencia aos concellos limítrofes de Cualedro, Xinzo de Limia, Os Blancos e Calvos de Randín, leváronse a cabo as consultas aos organismos afectados e solicitáronse os informes sectoriais preceptivos.
6. Tendo en conta a data de aprobación inicial do PXOM, cómpre sinalar que, de acordo coa disposición transitoria primeira do Decreto 143/2016, do 22 de setembro, polo que se aproba o regulamento da Lei 2/2016 (RLSG), o disposto nel non resulta de aplicación obrigatoria.
7. De acordo co expediente administrativo achegado polo concello, durante o procedemento solicitáronse informes sectoriais aos seguintes organismos competentes:
• Ministerio de Educación, Cultura e Deporte-Dirección Xeral de Belas Artes e Bens Culturais e de Arquivos e Bibliotecas: requirimento do 24.3.2014, contestación sen afección a bens do Estado no informe da Delegación do Goberno.
• Ministerio de Fomento-Subdirección Xeral de Planificación de Infraestruturas e Transporte: informe de non afección do 31.3.2014.
• Ministerio de Fomento-Dirección Xeral de Aviación Civil: informe do 11.7.2014, sen afección.
• Delegación do Goberno en Galicia-Ourense: informe do 28.2.2024 sobre solicitude de informe sectorial á Delegación de Defensa en Galicia (sen afección), Delegación Provincial de Economía e Facenda (sen afeccións a bens do Estado), Confederación Hidrográfica do Miño-Sil (informe favorable do 30.9.2022), Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico (informe do 16.1.2024 sobre referencias lexislativas) e Ministerio de Transportes e Mobilidade Sustentable (informe do 7.3.2024, sen afeccións).
• Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo-Dirección Xeral de Telecomunicacións e Sociedade da Información: informe favorable do 3.4.2024.
• Confederación Hidrográfica do Miño-Sil: estudo de afeccións ao réxime hídrico do 25.1.2015; informes favorables condicionados do 19.6.2015 e 30.9.2022.
• Delegación de Economía e Facenda en Ourense-Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio: informe con alegacións do 21.3.2014.
• Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas-Instituto Galego da Vivenda e Solo–IGVS: informe do 18.8.2014, de non afección.
• Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas-Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, informe sobre o ISA, con consideracións, do 30.10.2013.
• Consellería de Medio Rural-Dirección Xeral de Montes: informe favorable do 3.10.2013.
• Dirección Xeral de Sostibilidade e Paisaxe-Instituto de Estudios do Territorio (IET): informe favorable con consideracións, do 30.7.2014, recollidas na memoria ambiental.
• Axencia Galega de Infraestruturas (AXI): informe favorable con condicións, do 11.8.2017.
• Dirección Xeral de Patrimonio Cultural: informe desfavorable do 21.4.2014, e favorable condicionado do 9.2.2018.
• Deputación Provincial de Ourense: informe favorable do 15.11.2013.
• Concello de Xinzo de Limia: informe con observacións do 25.9.2013.
• Axencia Galega de Emerxencias-Axega; Consellería de Sanidade-Servizo Galego de Saúde-Sergas; Consellería do Medio Rural e do Mar-Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural; organismo autónomo Augas de Galicia; Dirección Xeral de Conservación da Natureza; Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas; Dirección Xeral de Mobilidade; concellos de Cualedro, Os Blancos e Calvos de Randín: sen resposta.
8. Con datas 21.9.2018 e 30.9.2018, o concello presentou ao órgano ambiental a documentación do PXOM adaptada á LSG. Mediante a Resolución do 16.11.2018, a Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático formulou a memoria ambiental correspondente ao procedemento de avaliación ambiental estratéxica do PXOM de Baltar (DOG 27.12.2018), coa obriga de incorporar 5 determinacións específicas.
9. Con data do 3.7.2024, o Pleno do Concello de Baltar aprobou provisionalmente o PXOM, por segunda vez, logo de informe dos servizos xurídicos e técnicos municipais.
II. Análise e consideracións.
II.1. Solo de núcleo rural.
1. No núcleo de Tixós delimítase un ámbito de actuación integral que se desenvolverá mediante un PERI. Na ficha núm. 2 da normativa urbanística sinálase como sistema de actuación o de expropiación (sistema de actuación directo), mentres que no estudo económico se sinala que o solo necesario se obterá por «cesión» (sistema de actuación indirecto). Emendarase a discrepancia.
2. O informe da Confederación Hidrográfica Miño-Sil, do 23.2.2024, sinala que o pronunciamento favorable respecto dos recursos hídricos dos núcleos de Garabelos e Niñodaguía queda condicionado a que se obteñan as concesións, estando en tramitación un deles (Garabelos).
Asemade, o pronunciamento favorable respecto das novas augas residuais dos núcleos queda condicionado ás autorizacións de vertedura, das que se están a tramitar catro (Montecelo, San Paio, Tixós e Vilamaior de Boullosa). Exceptúase Baltar, que conta xa con autorización.
II.2. Solo rústico.
1. Deberán incluírse na categoría de solo rústico de especial protección forestal (SRPF) todos os terreos rústicos incluídos no Sistema rexistral forestal, ao abeiro da disposición transitoria segunda da Lei 11.2021, do 14 de maio, de recuperación da terra agraria de Galicia, e dos artigos 2 e 126 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, entre os núcleos de Garabelos (8), Tixós (10) e Niñodaguia (9), no contorno de Baltar (5) e de Montecelo (13).
II.3. Outras cuestións.
1. Nos planos de información non se achegan todas as afeccións sectoriais (artigo 58 LSG). Deberán completarse de augas, estradas, espazos naturais e patrimonio cultural. Hai arquivos que superan os 30 Mb, polo que deberán reducirse de acordo co establecido no artigo 10.2 das NNTTPP.
2. Nos núcleos rurais hai un erro no grafismo, xa que no caso en que o límite do núcleo coincide co eixe do viario se utiliza para a mesma liña que para as aliñacións, o que pode dar lugar a confusión.
3. Conforme o informe da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural do 9.2.2018, a Casa A Rousía AC-57 incorporará dentro do predio singular toda a parcela catastral 32006a502019550000jj.
A competencia para resolver sobre a aprobación definitiva do planeamento xeral corresponde á conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, de conformidade co disposto nos artigos 60, 61.1, 83.5 da LSG e nos artigos 146.1 e 200.5 do RLSG; en relación co Decreto 42/2024, do 14 de abril, polo que se establece a estrutura orgánica da Xunta de Galicia, e co Decreto 142/2024, do 20 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas.
III. Resolución
En consecuencia, e visto o que antecede,
RESOLVO:
1. Outorgar a aprobación definitiva ao Plan xeral de ordenación municipal do Concello de Baltar, con suxeición ao cumprimento das condicións sinaladas no punto II anterior.
2. De conformidade co artigo 88 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e artigo 212.1 do Decreto 143/2016, do 22 de setembro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, a Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo inscribirá de oficio o PXOM no Rexistro de Planeamento Urbanístico de Galicia.
3. De conformidade co disposto nos artigos 92 da Lei 9/2002 e 70 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, o concello deberá publicar no BOP a normativa e as ordenanzas do PXOM aprobado definitivamente.
4. Notifíquese esta orde ao Concello e publíquese no Diario Oficial de Galicia.
5. Contra esta orde cabe interpoñer recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, que se contarán desde o día seguinte ao da súa publicación, segundo dispoñen os artigos 10 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
