DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 164 Martes, 27 de agosto de 2024 Páx. 48425

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Comunidade Usuarios de Traída de Augas Mougás – Porto

ANUNCIO da convocatoria da asemblea xeral ordinaria.

O que subscribe, José Frías Rodríguez, con DNI ***0571**, actuando como presidente da Comunidade Usuarios de Traída de Augas Mougás-Porto (Oia-Pontevedra), pola presente convoco o vindeiro día 21 de setembro de 2024, no Centro Cultural de Mougás, ás 19.30 horas en primeira convocatoria e ás 20.00 horas en segunda convocatoria, a asemblea xeral ordinaria conforme a seguinte orde do día e aprobación, se é o caso, do que proceda:

1. Lectura da acta anterior.

2. Informe do presidente.

3. Contas do exercicio 2023.

4. Orzamento 2024.

5. Elección de novo presidente e renovación de cargos.

6. Rogos e preguntas.

Oia, 1 de agosto de 2024

José Frías Rodríguez
Presidente