1. Obxecto: concurso público para a selección dunha oferta que será obxecto de posterior tramitación de autorización administrativa para ocupar as instalacións da cantina e servicios anexos da Autoridade Portuaria de Marín e Ría de Pontevedra localizadas en Marín (Pontevedra), no paseo Alcalde Blanco, con destino a bar-cafetaría-restaurante.
2. Situación: paseo Alcalde Blanco de Marín (Pontevedra), segundo plano anexo ao prego de bases.
3. Prazo da autorización: a autorización outorgarase por un prazo de tres (3) anos.
4. Documentos de interese.
– Prego de bases do concurso e prego de condicións da autorización e anexos, aprobados mediante a Resolución da Autoridade Portuaria de Marín e Ría de Pontevedra con data do 31 de xullo de 2024.
– Plano CAD das instalacións obxecto do concurso.
5. Información de interese relativa á convocatoria e onde se poden obter os pregos:
Na páxina web da Autoridade Portuaria e na seguinte ligazón:
https://www.apmarin.com/ficheros/ficheros/199.basesapmarin.zip
6. Presentación de ofertas: as ofertas formularanse e presentaranse de acordo co disposto no prego de bases do concurso, cos requisitos que nel se especifican.
7. O prazo para a presentación das propostas será de corenta (40) días naturais contados a partir do seguinte ao da publicación do anuncio do concurso no Diario Oficial de Galicia, rematando ás 14.00 horas do último día hábil. En caso de que o último día coincida en festivo, prorrogarase ata o seguinte día hábil. Non se admitirán as ofertas enviadas por calquera outro medio distinto aos sinalados no prego de bases.
8. Acto público de apertura das ofertas: publicarase na páxina web da Autoridade Portuaria o correspondente anuncio.
Marín, 31 de xullo de 2024
José Benito Suárez Costa
Presidente da Autoridade Portuaria
de Marín e Ría de Pontevedra
