DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 165 Mércores, 28 de agosto de 2024 Páx. 48538

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático

ANUNCIO do 8 de agosto de 2024, da Dirección Territorial de Ourense, polo que se emprazan as persoas interesadas para seren notificadas por comparecencia no expediente ANP-OU-15/2024-V e cinco máis.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro (BOE do 2 de outubro), do procedemento administrativo común das administracións públicas, ao non ser posible a súa notificación polo servizo de Correos, emprázanse as persoas interesadas que se sinalan no anexo para seren notificadas por comparecencia.

O acto foi adoptado por quen se indica no anexo.

A comparecencia deberase efectuar no prazo de dez días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede da Dirección Territorial da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático en Ourense, sita na avenida da Habana, número 79, 5º andar (Ourense), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación do acto obxecto de publicación entenderase producida desde o día seguinte a súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Ourense, 8 de agosto de 2024

A directora territorial de Ourense
P.S. (Resolución do 10.7.2024)
Juan José Gómez Fernández
Xefe do Servizo de Patrimonio Natural

ANEXO

Expediente

Interesado

Acto de notificación

Acto adoptado por

ANP-OU-15/2024-V

50236794X

Acordo de incoación de procedemento sancionador

Pola directora territorial

ANP-OU-16/2024-V

Z0143242A

Acordo de incoación de procedemento sancionador

Pola directora territorial

ANP-OU-17/2024-V

44494205S

Acordo de incoación de procedemento sancionador

Pola directora territorial

ANI-OU-32/2024-V

34919058K

Proposta de resolución de procedemento sancionador

Pola instrutora

ANI-OU-36/2024-V

48335151F

Proposta de resolución de procedemento sancionador

Pola instrutora

PES-OU-07/2024-V

76705062Q

Resolución de procedemento sancionador

Pola directora territorial