DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 165 Mércores, 28 de agosto de 2024 Páx. 48455

III. Outras disposicións

Consellería de Política Social e Igualdade

RESOLUCIÓN do 21 de agosto de 2024, da Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, pola que se publica a Resolución do 20 de agosto de 2024, de selección de entidade privada sen ánimo de lucro no procedemento de asignación do concerto social para a execución de programas de acollemento residencial en centros de protección á infancia e á adolescencia, dirixidos a nenos, nenas e adolescentes con medida de protección (código de procedemento BS213N-lotes 27 e 28).

No Diario Oficial de Galicia número 25, do 5 de febreiro, a través da Resolución do 18 de xaneiro de 2024, da Consellería de Política Social e Xuventude, publicouse a convocatoria, mediante procedemento de asignación de concerto social, para a execución de programas de acollemento residencial en centros de protección á infancia e á adolescencia, dirixidos a nenos, nenas e adolescentes con medida de protección, 475 prazas (código de procedemento BS213N).

Unha vez instruído de conformidade coas bases do procedemento de selección, tras a valoración dos criterios e emitida a proposta, o 20 de agosto de 2024, este órgano competente emitiu a resolución que finaliza o dito procedemento.

A epígrafe 6 da cláusula M) do anexo I da Resolución do 18 de xaneiro de 2024 establece que a resolución de concertación será publicada no Diario Oficial de Galicia e a publicación terá os efectos da notificación, consonte o artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. Así mesmo, serán igualmente obxecto de publicidade a través da páxina web da Consellería de Política Social e Igualdade.

Polo exposto,

RESOLVO:

Primeiro. Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia do contido íntegro da Resolución do 20 de agosto de 2024, ditada no procedemento BS213N (lotes 27 e 28) de selección de entidade privada sen ánimo de lucro para a execución de programas de acollemento residencial en centros de protección á infancia e á adolescencia, dirixidos a nenos, nenas e adolescentes con medida de protección, que se xuntará á presente resolución no anexo.

Segundo. Comunicar que a Resolución do 20 de agosto de 2024, que finaliza este procedemento, esgota a vía administrativa e contra ela poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que a ditou, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia ou ben directamente recurso contencioso-administrativo, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Terceiro. Notificada a resolución polo órgano competente, formalizarase o concerto coa entidade seleccionada.

A formalización deste concerto social, de acordo co establecido no artigo 19 do Decreto 229/2020, do 17 de decembro, polo que se desenvolve o réxime de concertos sociais no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, farase mediante un documento administrativo, dentro dos 30 días seguintes ao da publicación da resolución de concertación.

O concerto social perfeccionarase coa súa formalización e non se poderá iniciar a súa execución sen se ter efectuado esta previamente.

Efectuada a formalización, a entidade concertada estará obrigada a prestar ás persoas usuarias os servizos sociais nas condicións establecidas na normativa sectorial aplicable, na resolución da convocatoria do concerto social e, de ser o caso, nos criterios de preferencia e selección da entidade.

Santiago de Compostela, 21 de agosto de 2024

Jacobo José Rey Sastre
Director xeral de Familia, Infancia
e Dinamización Demográfica

ANEXO

Resolución do 20 de agosto de 2024 pola que se selecciona unha entidade privada sen ánimo de lucro para a concertación, mediante o procedemento de asignación de concerto social, da execución de programas de acollemento residencial en centros de protección á infancia e á adolescencia, dirixidos a nenos, nenas e adolescentes con medida de protección (código de procedemento BS213N-lotes 27 e 28)

A través da Resolución do 18 de xaneiro de 2024 pola que se publica a convocatoria, mediante o procedemento de asignación de concerto social, da execución de programas de acollemento residencial en centros de protección á infancia e á adolescencia, dirixidos a nenos, nenas e adolescentes con medida de protección (código de procedemento BS213N), para selección de entidades privadas sen ánimo de lucro para a execución do citado programa.

Unha vez examinadas as solicitudes polo órgano instrutor, avaliadas as ditas solicitudes pola Comisión de Valoración, feita a proposta de resolución,

RESOLVO:

Primeiro. Comunicar que o resto dos lotes (excepto o 31, que quedou deserto) xa foron adxudicados segundo a resolución de adxudicación asinada o 7.5.2024 (Diario Oficial de Galicia núm. 98, do 16 de maio).

Segundo. Seleccionar as seguintes entidades para levar a cabo a execución de programas de acollemento residencial en centros de protección á infancia e á adolescencia, dirixidos a nenos, nenas e adolescentes con medida de protección, en aplicación dos criterios de selección e preferencia da cláusula O) do anexo I da Resolución do 18 de xaneiro de 2024, publicada o 5 de febreiro no Diario Oficial de Galicia, núm. 25.

Consonte os criterios de valoración reflectidos no texto da resolución, a Comisión de Valoración establece a seguinte puntuación para as entidades presentadas aos lotes 27 e 28 do concerto:

Lote 27 - Fundación Educativa e Social Dignidade (Concello de Lugo):

A. Calidade do proxecto de intervención educativa

38,5

B. Instalacións en que se levará a cabo o servizo

18

C. Medidas de conciliación da vida persoal, familiar e laboral e corresponsabilidade

4

D. Continuidade na atención prestada e implantación na localidade onde se presta o servizo

15

F. Experiencia acreditada pola entidade no ámbito da protección á infancia e á adolescencia

15

Total

90,5

Lote 28 - Fundación Educativa e Social Dignidade (Concello de Sarria):

A. Calidade do proxecto de intervención educativa

38,5

B. Instalacións en que se levará a cabo o servizo

16

C. Medidas de conciliación da vida persoal, familiar e laboral e corresponsabilidade

4

D. Continuidade na atención prestada e implantación na localidade onde se presta o servizo

0

F. Experiencia acreditada pola entidade no ámbito da protección á infancia e á adolescencia

15

Total

73,5

Terceiro. Adxudicar o concerto social do xeito que a seguir se indica, polo importe que se sinala, á entidade seguinte:

Lote

Entidade proposta como adxudicataria

Concello

27

Fundación Educativa e Social Dignidade

Lugo

28

Fundación Educativa e Social Dignidade

Sarria

Código de procedemento: BS213N.

Modalidade de concertación: procedemento de asignación de concertos.

Data de publicación: 5.2.2024.

Prazo de execución: o prazo de duración do concerto será desde a data da súa formalización (estimación de 122 días na anualidade 2024) ata o 31.12.2027.

O importe de adxudicación (exento de IVE) é o seguinte:

Núm. lote

Núm. de prazas xerais

Núm. de

prazas

especiais

Núm. de prazas

de día

2024

(122 días)

2025

2026

2027

27

8

0

2

115.712,12 €

352.918,50 €

352.918,50 €

352.918,50 €

28

8

0

2

117.542,12 €

358.393,50 €

358.393,50 €

358.393,50 €

Total ano

233.254,24 €

711.312,00 €

711.312,00 €

711.312,00 €

Total anualidades

2.367.190,24 €

Cuarto. Asinar o concerto social coa entidade seleccionada dentro dos 30 días seguintes ao da publicación das resolucións de concertación, segundo indica o artigo 19 do Decreto 229/2020, do 17 de decembro, polo que se desenvolve o réxime de concertos sociais no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.

Quinto. Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que a ditou, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia ou ben directamente recurso contencioso-administrativo, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Sexto. A resolución de concertación será publicada no Diario Oficial de Galicia e a publicación terá os efectos da notificación, consonte o artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, tal como se indica no artigo 17.2 do Decreto 229/2020, do 17 de decembro.

Santiago de Compostela, 20 de agosto de 2024. Jacobo José Rey Sastre. Director xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica. Consellería de Política Social e Igualdade