De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a través deste anuncio notifícaselles ás persoas interesadas e que figuran no anexo as resolucións que se ditaron nos expedientes administrativos instruídos de conformidade co disposto no artigo 172 e seguintes do Código civil.
Os expedientes constan no Servizo de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Departamento Territorial da Coruña, en Gregorio Hernández, núm. 2, 1º andar, onde as ditas persoas interesadas, ou as persoas que as representen debidamente acreditadas, poderán comparecer, para o coñecemento íntegro do acto e do resto do expediente, de luns a venres das 9.00 ás 14.00 horas, no prazo de dez (10) días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado. Transcorrido o prazo sen se efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida no momento do vencemento do dito prazo establecido para comparecer.
Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a notificación quedará supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.
As persoas interesadas, ou os seus representantes debidamente acreditados, poderán interpoñer recurso no Xulgado de Primeira Instancia da Coruña que por quenda lles corresponda, no prazo de dous meses desde o día seguinte ao da notificación da resolución, efectuada por comparecencia, de conformidade co disposto no artigo 780 da Lei 1/2000, do 7 de xaneiro, de axuizamento civil.
A Coruña, 6 de agosto de 2024
A directora territorial
P.S. (Artigo 35.2.1.e) do Decreto 139/2024, do 20 de maio)
María Sóñora Ferreirós
Xefa do Servizo de Coordinación Administrativa
ANEXO
|
Nº expediente |
Persoas interesadas |
Data do acto administrativo |
Efectos da resolución |
|
2016/167/15 |
32719760Y |
2.7.2024 |
Mantemento da medida administrativa |
|
2022/74/15 |
45952837X |
29.4.2024 |
Cesamento da medida administrativa |
|
2022/316/15 |
49677788L |
14.5.2024 |
Mantemento da medida administrativa |
