DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 166 Xoves, 29 de agosto de 2024 Páx. 48655

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social e Igualdade

ANUNCIO do 8 de agosto de 2024, da Dirección Territorial de Vigo, polo que se notifican as resolucións ditadas nos procedementos BS650A e BS650G.

Ao abeiro do disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, no uso das competencias atribuídas a este departamento territorial, intentada a notificación das resolucións ditadas nos procedementos no último domicilio coñecido das persoas que se citan nos anexos sen que esta se puidese efectuar por causas non imputables á Administración, notifícanselles mediante anuncio os referidos actos administrativos ás ditas persoas, que son emprazadas para que no prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o día seguinte ao da data de publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, comparezan en persoa ou debidamente representadas nas dependencias do Servizo de Prestacións, Inclusión e Inmigración do Departamento Territorial da Consellería de Política Social e Igualdade de Vigo, na rúa Concepción Arenal, núm. 8, 1º andar, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para os efectos de coñeceren o texto íntegro das ditas resolucións e advertíndolles que, de non o faceren así, se considerarán efectuadas as notificacións no momento do vencemento do prazo indicado para comparecer.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a notificación quedará supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

Contra estas resolucións, que non esgotan a vía administrativa, poderán interpoñer reclamación previa á vía xurisdicional social, ante este departamento territorial, no prazo de trinta (30) días contados desde o día seguinte ao da data da súa notificación efectuada por comparecencia, segundo o disposto no artigo 71 da Lei 36/2011, do 10 de outubro, reguladora da xurisdición social.

Vigo, 8 de agosto de 2024

A directora territorial de Vigo
P.A. (Decreto 139/2024, do 20 de maio)
Mª Ana Gómez Carrera
Xefa do Servizo de Coordinación Administrativa
ANEXO I

Procedemento BS650A

Núm. expediente

Núm. DNI/NIE/Pasaporte ou similar persoa interesada

Resolución e data

36/00120-I/09

77412290V

Extinción 25.6.2024

36/00046-I/10

77411454D

Extinción 25.6.2024

36/00579-I/15

77543512R

Suspensión 17.7.2024

36/00128-I/24

76897834W

Denegación 11.6.2024

36/00130-I/24

77411026H

Denegación 11.6.2024

36/00237-I/24

35555985D

Denegación 28.6.2024

ANEXO II

Procedemento BS650G

Núm. Expte.

Núm. DNI/NIE/Pasaporte ou similar persoa interesada

Resolución e data

36/00549-X/22

36019546M

Denegación 24.6.2024

36/01067-X/23

35431299Y

Denegación 28.6.2024

36/00450-X/24

60330948Q

Denegación 31.5.2024

36/00611-X/24

35561670J

Denegación 27.6.2024