Outorgada a declaración de utilidade pública que leva implícita a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada LMT, CT A Baiuca-Soandres e enlace coa RBT, no concello da Laracha (expediente IN407A 2024/17-1), por resolución desta dirección territorial, do 1 de xullo de 2024, a favor da entidade beneficiaria Hidroeléctrica de Laracha, S.L.U, con enderezo na avenida de Arteixo, 19, 1º dereita, 15004 A Coruña.
Esta xefatura territorial, de conformidade cos artigos 52 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954, e 56 do seu regulamento, do 26 de abril de 1957, acorda sinalar o día 23 de outubro de 2024 para o levantamento das actas previas á ocupación, nas que se describirán os bens ou dereitos expropiables e de imposición de servidume de paso de enerxía eléctrica, contidos na relación de predios que se exporán xunto con este acordo no taboleiro de edictos do Concello da Laracha, deducida da que se someteu a información pública no Diario Oficial de Galicia do 19 de marzo de 2024, no BOP do 18 de marzo de 2024 e no xornal La Voz de Galicia do 14 de marzo de 2024, acto ao que deberán concorrer as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre as fincas propostas como afectadas, ás cales se lles efectuará notificación individual en que se lles sinalarán os horarios de toma de datos sobre o terreo e do levantamento efectivo das actas nas oficinas da casa consistorial do dito concello.
Así mesmo, cando as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre os predios afectados sexan descoñecidas ou se ignore o lugar de notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar, publicarase un anuncio desta convocatoria no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado.
A Coruña, 5 de agosto de 2024
Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña
