Para cumprir co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva cando as persoas interesadas nun procedemento sexan descoñecidas, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar, mediante este anuncio infórmase da presentación das follas de valoración da entidade beneficiaria no procedemento de expropiación sobre os bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada regulamentación da LMTA SAC805 entre os apoios B4KOLBVG//21-16 e B4OURFEC//21-21, situada no concello de Ourense, correspondentes aos predios e titularidades que se sinalan no cadro anexo. Así mesmo, indícase a data da acta de autorización á empresa beneficiaria para poder ocupar os predios afectados.
O texto íntegro das referidas follas de valoración atópase ao dispor das persoas titulares na sede do Departamento Territorial da Consellería de Economía e Industria (rúa Curros Enríquez, núm. 1, 4º andar, 32003 Ourense) tras pedir cita previa no teléfono 988 38 67 28, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. As persoas titulares disporán dun prazo de dez (10) días, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio, para solicitar a remisión das correspondentes follas de valoración ao enderezo que sinalen. Transcorrido o dito prazo de dez días sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo fixado para comparecer.
Ourense, 12 de agosto de 2024
Alicia María López Míguez
Directora territorial de Ourense
ANEXO
Relación de afectados descoñecidos, con enderezo ignorado ou non notificados
Número de expediente: IN407A 2022/35-3.
Instalación: regulamentación da LMTA SAC805 entre os apoios B4KOLBVG//21-16 e B4OURFEC//21-21.
Concello: Ourense.
Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.
Data da acta de ocupación: 7 de xullo de 2023.
|
Predio núm. |
Lugar |
Referencia catastral |
Titular |
Incidencia |
|
1 |
Cuqueira |
32900A023001510000PI |
MMVC de Coto do Couto |
Enderezo descoñecido |
|
2 |
Cuqueira |
32900A023000430000PT |
Descoñecido |
Titular descoñecido |
|
3 |
Cuqueira |
32900A023000310000PH |
Descoñecido |
Titular descoñecido |
|
6 |
Ramirás |
5487021NG8858N0001QH |
Descoñecido |
Titular descoñecido |
