De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselle á persoa interesada que se relaciona no anexo o trámite de audiencia no expediente de reclamación, logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos. Así mesmo, a eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).
A persoa interesada dispón dun prazo de 10 días, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio, para examinar o expediente nas oficinas da Dirección Territorial da Consellería de Economía e Industria, sita na avenida Mª Victoria Moreno, 43, 5º andar, en Pontevedra, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para presentar as alegacións, informacións ou probas que considere convenientes en defensa dos seus dereitos.
Pontevedra, 12 de agosto de 2024
Beatriz López del Olmo
Directora territorial de Pontevedra
ANEXO
Expediente reclamación: IN635B 2024/15-4.
Interesado/NIF: 77417948V.
Acto notificado: trámite de audiencia.
