DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 167 Venres, 30 de agosto de 2024 Páx. 49082

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ANUNCIO do 31 de xullo de 2024, da Dirección Territorial de Vigo, polo que se fai pública a transmisión da titularidade dos parques de cultivos mariños con número 120-C e 169-C.

Mediante este anuncio faise público que, pola Resolución da directora territorial da Consellería do Mar en Vigo, do 31 de xullo de 2024, se autorizou a transmisión da titularidade dos parques de cultivos mariños que a seguir se describen:

– Parque 1:

Identificación e localización: parcela número 120-C dos planos anexos ao documento de revisión dos parques de moluscos do Carril, termo municipal de Vilagarcía de Arousa.

Superficie: 86,37 m2.

Data da resolución do outorgamento: 29.3.2019 (DOG núm. 76, do 22 de abril).

Remate da vixencia: 23.4.2029.

– Parque 2:

Identificación e localización: parcela número 169-C dos planos anexos ao documento de revisión dos parques de moluscos do Carril, termo municipal de Vilagarcía de Arousa.

Superficie: 13,90 m2.

Data da resolución do outorgamento: 29.3.2019 (DOG núm. 76, do 22 de abril).

Remate da vixencia: 23.4.2029.

Especies autorizadas: ameixa fina (Ruditapes decussatus), ameixa babosa (Venerupis corrugata), ameixa xaponesa (Ruditapes philippinarum), berberecho (Cerastoderma edule) e berberecho verde (Cerastoderma glaucum).

Tipo de transmisión: inter vivos.

Actual titular: Beatriz Montes Ares (***7731**).

Novo titular: Roi Fabello Mariño (***8030**).

O novo titular subrógase no prazo, nos dereitos e nas obrigas da anterior.

Condicións particulares baixo cales que se autoriza a transmisión da titularidade: os titulares deberán achegar no prazo máximo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia, o orixinal ou copia cotexada do documento notarial da transmisión e o xustificante da liquidación do imposto de transmisións patrimoniais ou de sucesións e doazóns.

Vigo, 31 de xullo de 2024

María Elena Suárez Sarmiento
Directora territorial de Vigo