DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 167 Venres, 30 de agosto de 2024 Páx. 49084

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 15 de xullo de 2024, do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Sur, polo que se somete a información pública unha solicitude de concesión de augas no concello de Meis (expediente DH.A36.57429).

En cumprimento do previsto no artigo 109 do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, faise público que se está a tramitar a seguinte solicitude de concesión de augas:

Solicitante: José Casal Busto.

Expediente: DH.A36.57429.

Volume total anual: 1347,10 m3/ano.

Caudal máximo instantáneo: 0,12 l/s.

Destino: abastecemento e rega.

Orixe: manancial na parcela 226, polígono 236 do Catastro de Meis.

Lugar: A Vacariza.

Parroquia: A Armenteira.

Concello: Meis.

Descrición:

A auga cáptase en arqueta aros formigón e condúcese ata a parcela 253, polígono 236, para o abastecemento da vivenda existente e a rega das parcelas 253 a 262, polígono 236 de Meis.

O proxecto pode consultarse na sección Participación pública do portal da internet de Augas de Galicia (https://augasdegalicia.xunta.gal), e nas oficinas deste servizo territorial, situadas na rúa San Salvador, 2, 4º, 36240 Vigo (Pontevedra).

Os interesados poderán presentar alegacións durante o prazo de vinte días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, en calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Vigo, 15 de xullo de 2024

Susana Pérez González
Xefa do Servizo Territorial da Zona
Hidrográfica de Galicia Sur