En cumprimento do previsto no artigo 109 do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, faise público que se está a tramitar a seguinte solicitude de concesión de augas:
Solicitante: Juan Manuel Diz Campos en representación da Comunidade de Regantes Tras do Río.
Expediente: DH.A36.99701.
Volume total anual: 4.365,55 m3/ano.
Caudal máximo instantáneo: 0,18 l/s.
Destino: rega.
Orixe: manancial na parcela 635, polígono 21 do catastro de Portas.
Lugar: O Casal.
Parroquia: Romai.
Concello: Portas.
Descrición:
A auga cáptase nunha arqueta de bloques de formigón e condúcese a unha caseta con depósitos na parcela 172, polígono 304, que contén 9 depósitos de 3.000 l. Desde cada depósito parte a condución cara as parcelas de rega no lugar de Tras do Río, parroquia de Romai (Portas).
O proxecto pode consultarse na sección de participación pública do portal da internet de Augas de Galicia (https://augasdegalicia.xunta.gal), e nas oficinas deste servizo territorial, situadas na rúa San Salvador, número 2, 4º, 36240 Vigo (Pontevedra).
Os interesados poderán presentar alegacións durante o prazo de vinte días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, en calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Vigo, 15 de xullo de 2024
Susana Pérez González
Xefa do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Sur
