Con respecto á solicitude de concesión da Comunidade de Usuarios de Augas Canales do Araño, co anuncio que foi publicado no DOG núm. 237, do 15 de decembro de 2023, tense variado o trazado solicitado para a condución que discorre desde o colector da captación ata o pendello que aloxa os depósitos individuais, para pasar por un camiño público e cruzar a parcela de referencia catastral 15073A073000970000FU.
O que se fai público, en cumprimento do establecido no artigo 109 do Regulamento do dominio público hidráulico, para xeral coñecemento, por un prazo de vinte (20) días, contados a partir do seguinte á data da publicación no Diario Oficial de Galicia deste anuncio, co fin de que as persoas interesadas poidan presentar as súas alegacións, durante o prazo sinalado, ante Augas de Galicia.
O proxecto modificado estará dispoñible para a súa consulta no portal da internet de Augas de Galicia (http://augasdegalicia.xunta.gal), na sección denominada participación pública, así como nas oficinas deste Servizo situadas na rúa Tomiño, núm. 16, baixo, 15704 Santiago de Compostela (A Coruña), onde pode ser examinado por quen o desexe no dito prazo, logo de cita no teléfono 981 54 49 27.
Santiago de Compostela, 17 de xullo de 2024
Jesús Antonio Manrique Merino
Xefe do Servizo Territorial
da Zona Hidrográfica de Galicia Centro
