DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 167 Venres, 30 de agosto de 2024 Páx. 49089

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 2 de agosto de 2024, do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica da Mariña, polo que se somete a información pública unha solicitude de autorización de obras no concello de Viveiro (expediente DH.W27.95545).

En cumprimento do previsto no artigo 78.ter.2.a) do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, faise público que se está a tramitar a seguinte solicitude de autorización de obras:

Solicitante: Marco José Fernández Méndez.

DNI: ***9785**.

Expediente: DH.W27.95545.

Lugar: Ermosende.

Parroquia: Galdo.

Concello: Viveiro.

Descrición das actuacións:

As obras solicitadas consisten na construción de edificación auxiliar para almacén e movemento de terras na parcela con referencia catastral 27067A060014060000XG, na zona de policía do rego de Bravos.

O proxecto pode consultarse na sección participación pública do portal da internet de Augas de Galicia (https://augasdegalicia.xunta.gal), e nas oficinas deste servizo territorial situadas na rolda da Muralla, 70, 2º, 27071 Lugo, solicitando cita previa no teléfono 982 29 44 14.

Os interesados poderán presentar alegacións durante o prazo de vinte días hábiles, contados a partir do seguinte á publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, en calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común.

Lugo, 2 de agosto de 2024

Rocío Carreira Carral
Xefa do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica da Mariña