DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 167 Venres, 30 de agosto de 2024 Páx. 48739

III. Outras disposicións

Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

EXTRACTO da Orde do 8 de agosto de 2024 pola que se regula o réxime de axudas a centros docentes privados concertados dependentes desta consellería para participar no programa de inmersión lingüística en lingua inglesa a través de actividades dixitais, Digitalweek, dirixido ao alumnado de sexto curso de educación primaria e de educación secundaria obrigatoria durante o curso 2024/25 (código de procedemento ED301L).

BDNS (Identif.): 782318.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index).

Primeiro. Beneficiarios

Esta convocatoria está destinada a centros docentes privados concertados dependentes da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional nos cales se imparta 6º de educación primaria ou educación secundaria obrigatoria durante o curso 2024/25.

Cada centro poderá participar cun máximo de 25 alumnos e/ou alumnas do mesmo nivel educativo.

Segundo. Obxecto

Esta orde ten por obxecto regular o procedemento de solicitude e concesión de axudas, en réxime de concorrencia competitiva, a centros privados concertados nos cales se imparta 6º de educación primaria ou educación secundaria obrigatoria durante o curso 2024/25.

Terceiro. Bases reguladoras

Orde do 8 de agosto de 2024 pola que se regula o réxime de axudas a centros docentes privados concertados dependentes desta consellería para participar no programa de inmersión lingüística en lingua inglesa a través de actividades dixitais, Digitalweek, dirixido ao alumnado de sexto curso de educación primaria e de educación secundaria obrigatoria durante o curso 2024/25 (código de procedemento ED301L).

Cuarto. Financiamento e contía das axudas

1. O financiamento das axudas previstas nesta orde efectuarase con cargo á partida orzamentaria 37.03.423A.780.3 por un importe máximo 186.300,00 € con cargo ao orzamento de 2024.

Número de prazas: 375.

Número de prazas máxima por centro: 25.

Prezo máximo de cada praza: 480 €.

Quenda

Datas 2024

Cursos

Alumnado

1ª quenda

Do 24 ao 30 de novembro

3º e 4º de ESO

125

2ª quenda

Do 1 ao 7 de decembro

1º e 2º de ESO

125

3ª quenda

Do 8 ao 14 de decembro

6º Educación Primaria

125

2. O custo total de cada actividade inclúe:

a) As persoas docentes e monitoras que acompañarán o alumnado en cada un dos grupos durante a actividade.

b) Os gastos de docencia e o material escolar.

c) As actividades culturais, deportivas e complementarias dos cursos.

d) Os gastos de manutención e aloxamento do alumnado e do profesorado acompañante.

e) Certificado de realización da actividade.

f) Seguro de accidentes e de responsabilidade civil.

Quinto. Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día de prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non houber día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo remata o último do mes.

Santiago de Compostela, 8 de agosto de 2024

O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
P.D. (Orde do 5.6.2024; DOG núm.114, do 13 de xuño)
Manuel Vila López
Secretario xeral técnico da Consellería de Educación, Ciencia,
Universidades e Formación Profesional