Para cumprir o disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación, ou ben, intentada esta, no se puidese efectuar...», por medio deste anuncio notificase ás persoas relacionadas no anexo a data de ocupación e o requirimento das follas de valoración.
A ocupación xa foi realizada.
Tanto a acta previa como o depósito previo están ao dispor das persoas interesadas nas oficinas de expropiación de la Consellería de Economía e Industria, Dirección Territorial de A Coruña, Sección de Expropiacións, no Edificio Administrativo de Monelos, sito na rúa Vicente Ferrer, 2, 2ª planta, das 9.00 ás 14.00 horas. Deberán solicitar cita previa no teléfono 981 18 23 78.
A partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado disporán as persoas afectadas dun prazo de quince días para chegar a un acordo coa empresa beneficiaria: Eurus Desarrollos Renovables, S.L.U., chamando ao teléfono 981 57 47 99, Departamento de Administración, das 8.30 ás 15.00 horas, de luns a venres. Finalizado ese prazo sen acordo, disporán de vinte días de prazo para presentar a folla de valoración en que valoren a indemnización que lles corresponde pola expropiación.
A Coruña, 13 de agosto de 2024
Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña
ANEXO
|
Finca nº |
Titular proposto |
|
6a-3 |
Ramón Lado González |
|
6b-4 (*) |
Hdros. de Juana González González. Ramón y Mª del Carmen Lado González |
|
6b-32 (*) |
Hdros. de María Fernández Lado |
|
6c-2 (*) |
Hdros. de Juana González González. Ramón y Mª del Carmen Lado González |
Os predios sinalados con (*) só teñen dereito de opción de recompra.
