DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 167 Venres, 30 de agosto de 2024 Páx. 49038

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 13 de agosto de 2024, da Dirección Territorial de Ourense, polo que se notifican o acordo de inicio do expediente sancionador e as cartas de pagamento en materia de industria (expediente IN635C SANC-IND OU 2024/25-3).

De conformidade co establecido no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, por medio do presente anuncio notifícaselle á persoa relacionada no anexo os actos que se indican, logo de intentada a notificación sen que se puidese efectuar.

En cumprimento do disposto no artigo 46 da citada Lei, as persoas interesadas poderán comparecer nun prazo de dez (10) días, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE), para examinar estes actos nas dependencias da Área Xurídica do Departamento Territorial de Ourense da Consellería de Economía e Industria, situada na rúa Curros Enríquez, 1, 4º andar, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. Os actos foron adoptados por quen se indica no anexo.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida a todos os efectos legais desde o día seguinte ao vencemento do prazo indicado. A eficacia deste anuncio queda supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado (BOE).

Ourense, 13 de agosto de 2024

Alicia María López Míguez
Directora territorial de Ourense

ANEXO

Núm. de expediente

Acto notificado

CIF interesado/a

Acto adoptado por

Data do acto

IN635C SANC-IND OU 2024/25-3

Acordo de inicio e cartas de pagamento

B32474678

A directora territorial

23 de xuño de 2024