De conformidade co establecido nos artigos 44, 45.1 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, de procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselle á empresa que a continuación se relaciona a resolución recaída no expediente sancionador por infracción na orde social, devolto polo servizo de Correos por resultar descoñecido o seu destinatario ou ben porque, intentada a notificación electrónica, esta non se puido efectuar.
Contra esta resolución, que non pon fin á vía administrativa, o interesado poderá interpor un recurso de alzada, perante a Secretaría Xeral de Emprego e Relacións Laborais no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Boletín Oficial do Estado, de acordo co establecido nos artigos 30 e 122 da Lei 39/2015, sen prexuízo de que poida exercer calquera outro recurso que considere pertinente.
Os interesados, durante este prazo, poderán presentarse ante o Servizo de Emprego, Relacións Laborais, Traballo Autónomo e Economía Social, da Dirección Territorial da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración en Lugo, situado na rolda da Muralla, 70, baixo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, aos efectos de coñecer integramente o contido da resolución e recoller o documento de pago.
Advírteselle que de non ser interposto o recurso en tempo e forma, a resolución adquirirá firmeza e deberá aboar a multa imposta a través das entidades colaboradoras que constan no documento de pago, xa que, en caso contrario, procederase á execución pola vía de prema, nos termos previstos na Orde da Consellería de Economía e Facenda, de 23 de novembro de 2001.
Expediente: 2024/65 (Acta: I272024000003157).
Data da resolución: 1 de agosto de 2024.
Empresa: Hamrich, Hasnaa.
Enderezo: Rúa Yánez Rebolo 100 Baixo, Lugo.
Lugo, 13 de agosto de 2024
Carmen José López Rodríguez
Directora territorial de Lugo
