De conformidade co establecido nos artigos 44, 45.1 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselle á empresa que a continuación se relaciona a resolución recaída no expediente sancionador por infracción na orde social, devolto polo servizo de Correos por resultar descoñecida a súa destinataria ou ben porque, intentada a notificación electrónica, esta non se puido efectuar.
Contra esta resolución, que non pon fin á vía administrativa, a interesada poderá interpor un recurso de alzada, perante a Secretaría Xeral de Emprego e Relacións Laborais no prazo dun mes contado dende o día seguinte ao da súa publicación no Boletín Oficial del Estado, de acordo co establecido nos artigos 30 e 122 da Lei 39/2015, sen prexuízo de que poida exercer calquera outro recurso que considere pertinente.
A interesada, durante este prazo, poderá presentar ante o Servizo de Emprego, Relacións Laborais, Traballo Autónomo e Economía Social, da Dirección Territorial da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración de Lugo, situado na rolda da Muralla, 70, baixo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para os efectos de coñecer integramente o contido da resolución e recoller o documento de pagamento.
Advírteselle que, de non ser interposto o recurso en tempo e forma, a resolución adquirirá firmeza e deberá aboar a multa imposta a través das entidades colaboradoras que constan no documento de pago, xa que, en caso contrario, procederase á execución pola vía de prema, nos termos previstos na Orde da Consellería de Economía e Facenda do 23 de novembro de 2001.
Expediente: 2024/50 (Acta: I272024000000531).
Data da resolución: 26 de xuño de 2024.
Empresa: Compañía Galega de Corretaxe, S.L.
Enderezo: avda. Rafael Fernández Cardoso 201, baixo 7, Ribadeo (Lugo)
Lugo, 13 de agosto de 2024
Carmen José López Rodríguez
Directora territorial de Lugo
